Todo os ministros do PSOE, Calviño incluída, apoian a Iglesias tras a súa posible imputación no caso Dina

Por agora non se aprecian gretas entre os socios de goberno ao fío da petición dun xuíz ao Supremo para investigar ao vicepresidente. A galega Nadia Calviño, cuxas políticas a miúdo cuestiona Podemos, evita calquera crítica ao seu compañeiro de gabinete, seguindo así a liña marcada por Pedro Sánchez. O presidente, a quen PP pide o cesamento de Iglesias, di non sentirse preocupado polo revés xudicial do seu socio e subordinado. 

|

Nadia Calviu00f1ou durante a entrevista esta mau00f1ana

A vicepresidenta terceira de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, Nadia Calviño, descartou este xoves "especular" sobre a situación do vicepresidente segundo do Executivo, Pablo Iglesias, despois de que o xuíz do 'caso Dina' pedise ao Supremo a súa investigación por tres delitos.

Nunha entrevista na Cadea SER, Calviño deixou claro que ao Goberno non lle despistan as cuestións xudiciais. "Estou cómoda cun Goberno moi determinado no que é importante, que é como saír desta situación tan dura que levamos vivindo desde primavera", sinalou.

Para Calviño, as "cuestións importantes" e ás que o Executivo está "dedicado" son as que permitirán a España saír da crise. Por iso, a vicepresidenta rexeitou valorar a decisión do xuíz da Audiencia Nacional Manuel García Castelló e  ...

Seguir lendo en Catalunyapress.es 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario

He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE