As tatuaxes de Zrako están a servir para salvar a vida de moitos animais e preservar os ecosistemas de moitas zonas do planeta. Os últimos beneficiados polo seu traballo e o seu talento son os lobos galegos.
A plataforma ‘Ecoloxistas en Acción’ e a plataforma veciñal ‘Mina de Touro – O Pino Non’ veñen de denunciar as verteduras que se están producindo na balsa mineira de Bama, en Touro.
A dentadas cun animal morto e entre risas. Así celebra este cazador galego o seu trofeo nestas imaxes que circulan polas redes sociais desde esta fin de semana.
É máis necesario que nunca que reconectemos coa natureza para frear a alarmante perda de especies de flora e fauna e para contribuír a mitigar os efectos do cambio climático.
O Diario Oficial de Galicia autorizou a caza da tórtola na Limia, o que significa que as cacerías se realizarán no espazo natural protexido para a conservación das aves.
As asociacións, entre as que figuran Greenpeace, Verdegaia, Ecologístas en Acción ou a Plataforma Veciñal Mina Touro-O Pino NON, denuncian que o Goberno de Galicia tenta dar luz verde a preto dun milleiro de “proxectos industriais especialmente controvertido” durante este Estado de Alarma.
Celebrar o Día da Árbore arrincando eucaliptos. Isto é o que propón a iniciativa Cousas de Raíces. Por agora, xa hai case 20 colectivos que se sumaron. Para o día 23 de marzo, están previstas xornadas de deseucaliptización en 10 localidades das catro provincias; ademais doutra o 21 de marzo.
Un colectivo veciñal alerta de varios episodios de morte de peixes no Río Tambre. En concreto, a Plataforma de Afectados Polo Vertedoiro de Santiago de Compostela-Miramontes asegura que "os veciños da zona observaron a aparición de gran cantidade de peixes mortos".
O sábado 26 a Brigada do Ribeiro deseucaliptizará unha parcela en Lentille, Cenlle. "É fundamental o compromiso dos titulares coa conservación dos valores naturais que se queren protexer e recuperar", subliñan desde a asociación.
A campaña por unha '#CoruñaLibredeCaza' recolleu xa máis de 3.700 firmas. A asociación propón a creación dun gran Parque Forestal no termo municipal.
A asociación ecoloxista insta á Consellería do Medio Rural a "renunciar de inmediato a este disparate" e a garantir a supervivencia do bosque autóctono.