AVE

Vázquez Mao, secretario xeral Eixo Atlántico: "o AVE a Galicia é o maior engano dos últimos cincuenta anos"

O secretario xeral de Eixo Atlántico, Xoan Vázquez Mao, manifesta o seu malestar coa falta de empatía desde o Goberno central sobre a AVE a Galicia e o atraso cos trens Avril. Analiza a situación como unha falta de peso político por parte dos responsables autonómicos fronte a Madrid cualificando a súa actuación, sobre todo da Xunta, como "plañideras" ante o Goberno de Sánchez e, en caso de haber un goberno do PP, gardarían un escrupuloso silencio. Reclama ao ministro Ponte, co cal non se reuniu aínda, que tome en serio a cuestión dos trens Avril e non faga máis "shows" con Reis Meigos. 

Dous AVE directos deixan a distancia entre Ourense e Alacante en 5 horas

Renfe pon en circulación dúas frecuencias diarias AVE transversais para viaxar entre Ourense e Alacante de forma directa a partir do 13 de setembro, sen necesidade de facer transbordo en Madrid, con viaxe no mesmo tren desde orixe ata destino.

O rural, o rural tamén existe

Como podemos ver o abandono do rural por un número crecente de familias non é un fenómeno natural froito da modernización  senón que é o "efecto colateral" dunhas políticas públicas que apostan polos intereses do gran capital: si analizamos todas e cada unha das políticas citadas - eucaliptización, hospitocentrismo, privatización de servizos públicos, construción de grandes vías rápidas...- vemos que detrás de todos e cada un dos casos están os intereses das maiores fortunas -propietarios, directivos e accionistas de bancos, fondos de investimento, multinacionais, grandes construtoras....-. Arracando eucaliptos en Tourón  nunha acción de as brigadas deseucaliptazadoras 

¿A chegada do AVE será o final das mentiras?

El AVE llega a Galicia. Esa será probablemente la última mentira. O si lo prefieren la última media verdad. Porque, si bien es cierto que Ourense es Galicia, no es menos cierto que es la cuarta parte de Galicia, lo que quiere decir que a tres cuartas partes aún no llega.

O AVE a Santiago chegará en xullo de 2022 cos novos trens Avril, adianta Bugallo
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, calculou a chegada do AVE á capital galega en xullo do próximo ano, coincidindo coa dispoñibilidade dos novos trens Avril de Renfe que presentarán este servizo.
"A viaxe en AVE Vigo - Madrid en AVE levará unha hora máis que en media distancia", advirte o Eixo

As cifras de Renfe non cadran. Se suman os horarios das diferentes etapas, a viaxe Vigo-Madrid suma 3 horas e 5 minutos; pero Renfe fala de 3 horas e 56 minutos, argumenta Vázquez Mao. 

Lugo volve ser a cincenta dos horarios, pois o tren tardará menos en chegar de Madrid a Ourense que de Ourense a Lugo, porque a vía non está electrificada.

Vázquez Mao (Eixo Atlántico): "O AVE necesita dun ordenamento do territorio, non de ocorrencias para facerse fotos”

Con motivo da chegada do AVE a Galicia tras anos de demora, Galiciapress conversa con Xoán Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular, que ofrece unha radiografía de todos os deberes que quedan por facer en Galicia no capítulo das infraestruturas tendo en conta que a Alta Velocidade conecta por fin a comundiad con Madrid.

Empresas privadas poden operar algúns dos trens de alta velocidade entre Madrid e Galicia
Supoñería o "incremento de frecuencias e contribuír á redución de prezos"
O AVE chegará a Galicia no segundo semestre de 2021, asegura Pedro Sánchez a Feijóo
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou este venres, tras reunirse co xefe do Executivo central, Pedro Sánchez, que o mandatario estatal ratificoulle que o AVE a Galicia estará en servizo no segundo semestre de 2021.
Feijóo di que é bo deixarse de enganos e afirma que "non haberá AVE a Galicia en 2021"
O presidente asegura que informes da Xunta acreditan "un novo atraso" na alta velocidade galega
Un AVE Vigo-O Porto non ten sentido por ser a viaxe demasiada curta, lembra o Eixo Atlántico

a Xunta acaba de criticar ao goberno de España por non incluír esta conexión no seu plan de recuperación económica. Vázquez Mao éplica que a alta velocidade tarda demasiado en acelerar e desacelerar como para resultar eficaz en traxectos tan curtos.

Centos de persoas saen á rúa para evitar que o AVE parta Ourense en dous (vídeo)
O ex presidente do Colexio de Arquitectos de Ourense sostén que "o proxecto exposto nin sequera funciona"
As dereitas galegas mostran as súas cartas

Estas dereitas mostran un relato político que debuxa para a campaña unha axenda política que terá como eixo central o insulto que, segundo o Partido Popular de Galicia, está a facerlle a este país o novo goberno español (PSOE/ UP).


​A Xunta celebra o mellor ano turístico de Galicia pero asume un “atraso de enorme impacto” polos atrasos do AVE

“Non estamos todos, falta o AVE”, parece proclamar a Xunta de Galicia. As fabulosas cifras de turismo polas que o Goberno de Galicia saca peito non están completas por culpa dos atrasos continuados da chegada da Alta Velocidade á comunidade galega. O presidente Alberto Núñez Feijóo comentou, interpelado por Galiciapress, que a folla marcada pola Xunta verase alterada pola falta da conexión Madrid-Santiago. “É un atraso de enorme impactou”, lamentou o líder autonómico. 

​A ministra de Asuntos Exteriores anuncia a chegada do AVE a Galicia "para 2022" pero logo matiza que ese é o prazo "da UE"

A ministra Arancha González anunciou un novo atraso na liña de AVE que conectará Madrid con Santiago de Compostela, que non chegará para o Ano Santo pero que contará cun investimento de 226 millóns. Feijóo lamentou este novo atraso e lanzou a luva a Ábalos, ministros de Transporte, Movilidad e Axenda Urbana.

Manifestación contra a"indígaa" estación do AVE en Ourense
A 'Plataforma pola Integración do TAV en Ourense' concentrarase este martes, 7 de xaneiro, fronte ao centro de saúde A Ponte para reclamar unha "estación intermodal digna" na cidade.
Xa hai tren entre Zamora e Ourense tras o parón polas obras do AVE a Galicia
Lamenta as molestias pola interrupción e os ruídos polos traballos desde o pasado 5 de novembro
Feijóo: "Pedro Sánchez prometeu cumprir co AVE a Galicia pero esquezo un pequeno detalle, dicir cando"
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, ironizou este luns sobre as declaracións realizadas onte domingo por Pedro Sánchez en Vigo sobre o tren de alta velocidade a Galicia. "Esqueceu un pequeno detalle. Dixo que cumpriría co AVE pero non dixo cando".
A Xunta contradi ao Goberno sobre a chegada do AVE a Lugo para 2021
O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, asegurou este luns que "non está planificado que chegue" o AVE a Lugo, senón "unha lanzadeira" de conexión coa liña de alta velocidade que chegará a Ourense.
Cortada a conexión Zamora-Ourense do 5 ao 28 de novembro polas obras do AVE
O tráfico ferroviario na liña de ancho convencional Zamora-Ourense verase interrompido entre os días 5 e 28 de novembro (ambos os incluídos) debido ás obras de construción da alta velocidade Madrid-Galicia en diversos puntos do trazado.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE