Cultura

Rodrigo Brión Insua | 08:00h. |

"Axel, creo que matei a alguén". Con esta premisa arrinca 'Loor', a segunda novela do vigués Luís García-Rey que está a voar dos andeis co selo de ser galardoada co Premio Primavera de Novela, concedido pola Editorial Espasa e Ámbito Cultural do Corte Inglés. Cun café entre as mans para repor forzas con tanta presentación, o xornalista deportivo e escritor galego fai un alto na súa xira para atender a Galiciapress e debullar todos os segredos dentro deste segundo libro, que non entende como unha segunda parte, senón como un caso máis do tándem que forman os investigadores Axel Nash e Loor Galván, un binomio exitoso do que por agora non quere despegar e que lle vai a reportar moitas alegrías aos lectores con ese xogo do gato e o rato co que tanto lle gusta enredar ao olívico. 


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE