Enésimo accidente mortal de tractor en Galicia: un morto nun camiño de terra de Bouza, Viana do Bolo
A vítima quedo atrapada debaixo dunha das rodas do vehículo agrícola.
Bouza, na parroquia de Pexeiros, na localidade de Viana do Bolo, foi o último escenario dunha traxedia cada vez máis común en Galicia. Un novo accidente de tractor cobrouse a vida dunha persoa nun camiño de terra do municipio, un feito cada vez máis habitual no rural galego.
SUCESO
Así o reportaron desde o 112 Galicia. Foi o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 os que deron o aviso do suceso ao redor das 19 horas. Os sanitarios xa advertían desde o momento no que tiveron coñecemento do suceso que o implicado podería estar falecido.
Os equipos desprazados ao lugar só puideron confirmar a morte do condutor do vehículo agrícola. No lugar tiveron que intervir para liberar ao implicado, que se atopaba atrapado debaixo da roda do tractor.
No operativo participaron efectivos do GES da Gudiña, axentes da Garda Civil e membros da Policía Local de Viana do Bolo. Arzúa, A Pobra do Brollón, O Corgo Vilamartín de Valdeorras foron outras localidades que rexistraron sucesos idénticos nas últimas semanas.
Escribe o teu comentario