Atopan o corpo do mozo desaparecido hai un mes en Vos Peares ao envorcar o seu kaiak

Os restos mortais do mozo foron localizados a menos de 400 metros da presa.


|

HGhW4YiX0AAtmWu
Foto: @g24noticias

 

A Juan Víctor, un raparigo de 19 anos natural de Brasil pero residente en Lugo, perdéuselle a pista o pasado 30 de marzo, cando navegaba polo río Miño nun kaiak á altura de Vos Peares. Un desafortunado incidente fixo que caese a auga e perdéseselle o rastro, iniciando unha procura primeiro para tratar de salvalo e máis tarde localizar o seu corpo. A procura terminou case un mes despois, confirmando o achado dos restos mortais do mozo. 

 

 

SUCESO

Foi este mércores 22 de abril cando as autoridades, case un mes despois da desaparición, confirmaron a localización do corpo do mozo.

 

Foi a Gaurdia Civil a que informou da localización, a 363 metros da presa río arriba, precisamente na marxe contraria ao lugar onde, previamiente, fora atopade o kaiak que manexaba no momento do incidente xunto ao seu primo, que puido chegar a terra e pedir auxilio cando envorcou a embarcación. 

 

 

 

Foi un dron da Axencia Galega de Emerxencia (Axega) o que deu co corpo e, tras o recoñecemento, especialistas submarinistas da Garda Civil foron ao lugar a recuperar o corpo. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE