Rueda profunda no "mérito" e non "requisito" de empregar o galego no SERGAS: "Non perderei un médico polo idioma"

Nun acto en Bilbao, no marco das eleccións vascas, o presidente da Xunta polemiza sobre o uso da lingua do país: "Eu non vou perder xamais un bo médico por unha cuestión idiomática".

 

 


|

Rueda y otros tres presidentes autonómicos respaldan a De Andrés en un acto electoral.
Foto: EP


O presidente da Xunta e líder do PP galego, Alfonso Rueda, reivindicou nun acto en Bilbao, no que el e outros tres presidentes autonómicos apoiaron ao candidato vasco, Javier de Andrés, a Galicia "aberta", do "sentidiño" e que "crece porque crece o conxunto" fronte a un nacionalismo que, ao seu modo de ver, busca "arrinconar".
 


"Eu non vou perder xamais un bo médico por unha cuestión idiomática, téñoo clarísimo. Nin vou perder unha boa oportunidade por mirarme o embigo, téñoo clarísimo. Nin a pensar nunca que o importante é o que teño aquí e o que vén de fóra xa o considerarei. Ou que me ten que ir ben a min e para que que me vaia ben a min, tenlle que ir mal aos demais", esgrimiu.

Así o trasladou nun acto electoral en Bilbao convocado na última semana da campaña para os comicios autonómicos que se celebrarán o vindeiro domingo, unha cita na que estivo acompañado polos presidentes autonómicos do PP de Andalucía, Juanma Moreno; de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco, e Baleares, Marga Prohens.

Na súa intervención, Rueda lembrou, precisamente, que este acto con presidentes autonómicos lembra a un que protagonizou el xusto antes do arranque da campaña en Galicia. El, dixo, sentiu "moi arroupado" polos seus compañeiros e quere que De Andrés perciba tamén que o PP é "o partido máis importante de España e de Europa".

"Por tanto, aquí ninguén está só. Esa idea que é moi do nacionalismo e moi do independentismo de querer arrinconarte e dicir que hai situacións que non teñen que cambiar nunca e que ti tesche que sentir un pouco nun círculo pequeniño", esgrimiu, e contrapuxo que o que hai é que facer "xusto o contrario".

 

"SENTIDIÑO" E TERRITORIOS "RIQUIÑOS" 

Tras trasladar ao candidato do PP en Euskadi o apoio do PPdeG, Rueda reivindicou o modelo galego do "sentidiño", convencido de que é "o que fai gañar as eleccións aos populares --que sumaron a súa quinta maioría absoluta consecutiva tras relevar Rueda a Alberto Núñez Feijóo--.

"Isto vai de xestión e de facer as cousas ben. Vai de estar todo o día pensando que se poden baixar impostos, que se pode tentar ser punteiro en sanidade, avanzar en educación nunha comunidade bilingüe", ha ejemplificado, e apostou tamén por "abrir unha terra que mira cara a dentro pero tamén cara a fóra".

Como pasos nesta liña, referiuse ao impulso demográfico por vías como o reforzo das opcións da conciliación --referiuse á gratuidade das escolas infantís-- e medidas como a 'Estratexia Retorna', para promover que emigrantes ou descendentes regresen á comunidade.

Rueda remarcou que os "territorios riquiños" atraen a todos os niveis e incidiu en que "o segredo do éxito de Galicia é simplemente tentar interpretar á xente, e ser un territorio aberto, orgulloso da súa historia".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE