Os ingresos hospitalarios con covid continúan en descenso
O Sergas notificou dous novos falecidos por Covid
Os ingresos hospitalarios por casos de Covid-19 en Galicia descenderon nas últimas horas, pansando dos 172 aos 165, e baixan tamén os casos activos, rexistrar 1.144, 110 menos que na xornada anterior.
Segundo o último parte actualizado pola Consellería de Sanidade con datos recolleitos até as 18:00 horas do venres, do total de pacientes hospitalizados, 152 deles atópanse en planta e 13 en UCI .
Nas últimas horas abríronse en Galicia 57 novos casos por Covid-19 . Mentres, a cifra de falecidos ascende aos 4.049, dous máis que os notificados este venres.
CASOS POR ÁREAS SANITARIAS
Os casos activos descenden en todas as áreas sanitarias. Así, na área da Coruña-Cee notificáronse 251, 40 menos; na de Santiago, 197, 16 menos; na de Vigo, 194, oito menos; na de Ourense, 120, 13 menos; na de Pontevedra, 113, 13 menos, e na de Ferrol, 113, 12 menos.
Respecto dos hospitalizados, as áreas sanitarias de Vigo, Lugo e Ferrol non teñen ningún paciente en coidados intensivos neste momento, mentres que os ingresados en planta son, en cada caso, 29, 19 e 10.
No caso da Coruña, hai 29 en unidades convencionais (-9) e seis en coidados intensivos (+1); na de Ourense, 25 (+1) e 3, respectivamente; e na de Pontevedra, son 23 en planta (-9) e dúas en UCI . No caso da área sanitaria de Santiago de Compostela, mantéñense 17 en planta e dúas en coidados intensivos.
En canto aos novos casos detectados, na da Coruña-Cee rexistráronse oito; na de Ferrol, catro; na de Lugo-A Mariña-Monforte, 10; na de Ourense-Verín-O Barco de Valdeorras, oito; na de Pontevedra-O Salnés, cinco; na de Santiago de Compostela-Barbanza, 10; e na de Vigo, 12.
Escribe o teu comentario