Falece un motorista en Oia (Pontevedra) tras chocar a súa moto contra un muro
Un motorista perdeu a vida este domingo despois de chocar coa moto na que circulaba contra un muro no lugar de Refoxos, no municipio pontevedrés de Oia
Os feitos ocorreron o domingol, ao redor das 19:30 horas, no lugar de Refoxos, Oia.
Varios particulares alertaron aos servizos de emerxencia que, unha vez desprazados a lugar do sinistro, nada puideron facer por salvar a vida do accidentado.
Un motorista perdeu a vida este domingo despois de chocar coa moto na que circulaba contra un muro no lugar de Refoxos, no municipio pontevedrés de Oia.
Segundo trasladou o 112 Galicia, o accidente tivo lugar ás 19,30 horas. A esa hora, varios particulares puxéronse en contacto coa central de emerxencias para informar do sucedido e pedir axuda para o motorista accidentado.
Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia puxeron a situación en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ata o lugar un helicóptero medicalizado. A pesar de todo, os servizos sanitarios nada puideron facer por salvar a vida do motorista.
Ao lugar do sinistro, mobilizados polo 112 Galicia, tamén acudiron os membros do GES da Guarda e os axentes da Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario