(GALERÍA) A chegada do Juan Sebastián Elcano a Baiona deixa unhas postais históricas na homenaxe á Armada

A chegada do buque escola á localidade pontevedresa acompañado de decenas de pequenas embarcacións deixou unha imaxe para o recordo.

 


|

A chegada do buque escola á localidade pontevedresa acompañado de decenas de pequenas embarcacións deixou unha imaxe para o recordo.

 

O Elcano chega a Baiona despois de pasar varios días atracado na Coruña, onde recibiu a visita de miles de curiosos. 

 

Juan Sebastu00edan Elcano
Juan Sebastián Elcano | Foto: Gardacostas de Galicia

Flanqueado por decenas de pequenos barcos, o Juan Sebastián Elcano erixíase onte inmenso nas costas de Baiona, onde chegou despois dunha breve estancia na Coruña. O buque esucela arribou á localidade con motivo da homenaxe que prepararon o Concello de Baiona e o Monte Real Club de Iates de Baiona para a Armada Española. Carlos Gómez, alcalde de Baiona, e Marta Fernández-Tapias, delegada da Xunta en Vigo, e representantes da Deputación de Pontevedra formaron parte da homenaxe.

 

 

“O mar abre horizontes, é a vía de transmisión doutras culturas, outras formas de vivir…como ben coñecemos desde hai 530 anos cando a carabela 'A Pinta' chegou a Baiona. Tan só 30 anos despois, Elcano lograba realizar a primeira circunnavegación á Terra, dous feitos da máxima importancia histórica que hoxe conmemoramos como merece“, celebrou Fernández-Tapias.


 

 

A chegada do impoñente navío, no que opran 73 guardamarinas aínda en formación, deixou estampas para o recordo dos veciños e os mariñeiros que acompañaron a súa travesía a unha distancia prudencial. Tamén para os Gardacostas de Galicia, que captaron unhas expectaculares instantáneas desde o alto, como as que tamén compartiu o Real Club de Iates.

 

 

 

 

500 ANOS DA VOLTA Ao MUNDO

A súa estancia, no ano no que se cumpre o 500 aniversario da primeira volta ao mundo de Magallanes e do home que dá nome ao buque, por  foi breve, xa que pola tarde partiu rumbo a Marín, o seu siquiente escala. 

 

Antes, na Coruña recibira a visita de miles de curiosos -as administracións falan de ao redor de 15.000 visitantes- que se achegaron a coñecer a súa cuberta e os seus segredos, ademais de acoller diversos actos na cidade herculina. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE