Gran alianza de Diversa Biotechnoligies para cumprir coa súa ampliación de capital
A spin-off do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o SERGAS persegue a internacionalización grazas a este acordo.
Coas miradas do sector da biotecnoloxía e a nanomedicina sobre Diversa Biotechnoligies, a firma afincada en Santiago de Compostela vén de pechar un importante acordo para a súa ampliación de capital, dando entrada a UNIRISCO , Janus Projects S.L., Volsunga S.L. e Sémola Tech Ventures S.L.
Este pacto supón para a spin-off do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS) e o #SERGAS un impulso fundamental de face a seguir avanzando nas súas propostas, como o desenvolvemento de medicamentos innovadores e dar resposta a necesidades médicas non cubertas.
A aspiración da firma é impactar no desenvolvemento destes fármacos, sobre todo en campos como a oncoloxía ou as enfermidades raras. No entanto, o seu modelo de negocio colaborativo abre a porta a explorar moitos outros campos co desenvolvemento da nanotecnoloxía para mellorala calidade de vida das persoas por medio do medicamento de precisión.
“Diversa é unha empresa que xorde coa misión de mellorar a vida das persoas e impulsar o tecido socioeconómico de Galicia xerando emprego cualificado e fomentando um modelo colaborativo con centros de investigación e empresas da contorna, pero tamén internacionais”, detallan no seu comunicado, onde informan de todos os avances logrados desde a súa fundación en xaneiro de 2022, tendo en conta que o obxectivo agora é a “internacionalización da empresa”.
Escribe o teu comentario