O petroleiro Greta K, incendiado e cargado con combustible para avións, chega a porto unha semana despois do suceso

Despois do incendio que o incapacitó o pasado 22 de marzo, o petroleiro chega por fin ao porto de Leixões.


|

Greta k foto Autoridade Maru00edtima Nacional
Foto: Autoridade Marítima Nacional 

 

O pasado 22 de marzo tivo lugar un incendio a bordo do petroleiro Greta K, que se atopaba navegando preto das costas de Portugal. O navío, cargado con varias toneladas de combustible para avións e cos seus tanques cheos, tivo que ser intervido polos equipos de extinción, que tamén rescataron a preto dunha vintena de tripulantes. Unha semana despois, o buque permanecía en altamar, pero esta tarde foi remolcado ao porto de Leixões.

 

O mal tempo condicionou durante toda a semana a chegada da nave a porto, ademais de pequenos conatos de lume que tiveron que ser sufocados no mar, onde foi desprazado o petroleiro a augas internacionais ante o risco de que se reavivase en incendio. 

 

RETIRADA DA CARGA

Mentres, non foi até este martes que a Autoridade Marítima Nacional (AMN) iniciou unha inspección conxunta con outros organismos que acordaron que se daban as condicións idóneas para a chegada do buque a Leixões. Tras a súa chegada a porto, as autoridades puxeron en marcha o operativo para a revisión da carga. Medios lusos estiman que a descarga do combustible poida completar ao longo dos próximos días. 

 

O incendio deixou totalmente incapacitado ao petroleiro para poder navegar, polo que foi necesario despregar un dispositivo que o levase de novo a terra, polo que necesitou a asistencia dun remolcador "contratado polo armador e remolcadores do porto".  De feito, foi o proceso de contratación dun remolcador por parte da armadora o que dilatou tanto a entrada en Leixões do barco de bandeira maltesa accidentado. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE