Quen se acorda xa de Lucas Pérez en Riazor?

O bo facer ofensivo dos atacantes deportivistas, en especial de Zakaria Eddahchouri, fixeron esquecer ao excapitán branquiazul.
 


|

Zaka
 Zakaria Eddahchouri

 

O pasado mes de xaneiro unha noticia sorprendeu ao deportivismo nun momento doce da tempada: Lucas Pérez, o seu capitán, o home que descendera ao inferno para ascender ao Deportivo da Coruña e devolvelo ao fútbol profesional, deixaba o club. Facíao rodeado de incógnitas sobre a súa relación coa entidade e as circunstancias persoais dun ídolo para os afeccionados branquiazuis. Lucas Pérez quería xogar en primeira e acabou sendo campión dos Países Baixos, aínda que unha tuberculose lle impediu disputar máis de media hora co PSV. O Dépor quedaba orfo de goleador pero, nove meses despois, é ao Dépor ao que se lle caen os goles dos petos e Lucas Pérez o que busca, sen éxito, un último baile no fútbol.

 

 

UN GRAN RENDEMENTO

Como Lucas viaxou ao campionato neerlandés, do mesmo veu Zakaria Eddahchouri, o exótico remplazo do coruñés que resultou ser todo un acerto. O marroquí leva só uns meses en Riazor e a súa achega goleadora está a ser notable neste inicio de curso. O ano pasado pechou a conta en catro dianas en 16 partidos, un rendemento discreto pero aceptable para un recentemente chegado, admitindo que necesitaba un proceso de adaptación despois de saltar un campionato como a segunda neerlandesa, onde asinara 17 goles en 23 partidos até a súa chegada a Galicia.

 

 

Ademais, o mal final de campaña o propio Dépor, cunha soa vitoria nos últimos oito duelos, restou impacto a un futbolista que, con todo, terminou o ano cos mesmos goles que o citado Lucas Pérez, aínda que o exdeportivista participou en 19 encontros e sumou case 600 minutos máis que Zakaria.

 

Zaka
 Zakaria Eddahchouri

 

Este ano, aínda que arracó de titular, Eddahchouri destapouse como todo un revulsivo: gol e asistencia en Granada para abrir o campeontao, hat-trick ao Mirandés en 20 minutos e un golito ao Huesca para redondear a goleada aos oscenses. 

 

 

Ademais de Zaka, Mella, Yeremay, Mulattieri, Barcia, Escudeiro, Mario Soriano e Luismi Cruz viron portaría nun Dépor que ten a pólvora moi ben repartida este ano. Tanto, que xa ninguén bota en falta a Lucas Pérez. Botará en falta o dianteiro ao Deportivo?
 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE