O Racing de Ferrol non se enfrontará ao Real Madrid Castela porque os brancos só teñen ochco futbolistas

As doce baixas dos madrileños, por lesión e compromisos internacionais, motivan a suspensión.


|

Arbeloa
Foto: EP

 

Este domingo ía disputarse o partido entre o Racing de Ferrol e o Real Madrid Castela. O cadro departamental e o filial merengue son dous firmes dcandidatos a lograr o ascenso a Segunda División, pero o caprichoso calendario quixo que se vexan as caras no primeiro partido dos ferroláns lonxe de casa. Con todo, a viaxe a Madrid terá que esperar, pois esta mañá se anunciou a suspensión do encontro. 

 

DOCE BAIXAS

A noticia deuna a coñecer o Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol, que co seu fallo, despois da solicitude do equipo branco, pospón o choque, pendente dunha nova data para medir ás dúas escuadras. 

 

A decisión apóiase no parte de guerra que presenta o equipo dirixido por Arbeloa: até doce ausencias contra o Racing. Entre os chamados a filas coas súas seleccións, nada menos que nove, e os tres futbolistas que ten entre algodóns, os viquingos sairían a xogar ao Estadio Alfredo Di Stéfano con só oito futbolistas de campo. 

 

"Desde o Racing Club Ferrol porémonos en contacto con todos os afeccionados racinguistas que adquiran entradas para o partido co propósito de xestionar a devolución do seu importe", detalla o Racing no seu comunicado. Os da cidade naval non ocultan o seu malestar ao considerar que o parón de seleccións afecto a todos os equipos en maior ou menor medida e que o Madrid ten recursos para cubrir esas ausencias. 

 

En calquera caso, haberá que esperar para o debut de Chema e Sergio Tejera, as últimas incorporacións do conxunto galego, que aspira a regresar á división de prata do fútbol nacional pola vía rápida e sen ter que sufrir máis da conta en Primeira RFEF.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE