​As estradas con "máis tráfico de Galicia" están "abandonadas por Fomento"

Veciños da comarca da Coruña reclaman ante a Delegación do Goberno a mellora dos accesos á cidade.


|

Protesta coruna accesosReprochan os "falsos anuncios" do Goberno.

Centos de veciños dacomarca da Coruña e varios responsables de goberno dos municipios da área metropolitana herculina concentráronse ás portas da Delegación do Gobierno para reclamar a mellora dos accesos viarios á cidade.


A manifestación, convocada polo Concello de Oleiros, contou coa presenza do rexedor desta localidade, Ángel García Seoane, e os alcaldes de Sada, Benito Portela (Sadamaioría); e Cambre, Óscar García Patiño (Unión por Cambre), así como concelleiros dos municipios de A Coruña, Bergondo e Betanzos.


Así, a principal reclamación dos concellos coruñeses é o desbloqueo das obras de mellora dos accesos á cidade herculina na N-VI, desde Betanzos ata a urbe, que sofren "numerosos colapsos" a diario pola cantidade de tráfico que se despraza pola área metropolitana da Coruña.


Deste xeito, como recolle un comunicado emitido polo Concello de Oleiros, a concentración protestou polos "continuos enganos e falsos anuncios do actual Goberno central e dos anteriores" que, segundo denuncian, "néganse a abordar as obras".


Así as cousas, reclámanlle ao Ministerio de Fomento que os Orzamentos Xerais do Estado (PGE) para 2018 inclúan as partidas necesarias para levar a cabo a citada actuación.


O Concello de Oleiros denuncia que os accesos á cidade da Coruña pola N-VI son as estradas con "máis tráfico de Galicia" e "están abandonadas por Fomento", o que provoca que, ademais de causarlles "importantes perdas de tempo" aos seus miles de usuarios, diminúa "considerablemente" o potencial de desenvolvemento económico da área metropolitana coruñesa.


relacionada Fomento "deixa a Galicia fóra" dos investimentos ferroviarios en cercanías
relacionada ​A AP-9 sobe as peaxes case un 4% e Fomento descarga culpas na "herdanza recibida"
relacionada A Xunta, "relativamente contenta" malia a caída en investimento de Fomento en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE