O Celta de Vigo se salva na última xornada derrotando ao campión da liga o Fútbol Club Barcelona
Alegría desatada no estadio municipal de Balaídos tras unha abagónica recta final de tempada, que sementa dúbidas sobre como encarar o próximo campionato, pois as expectativas para este ano eran maiores que salvar in extremis.
O partido xogouse hoxe domingo 4 de xuño ás 21:00 horas no Estadio Abanca Balaídos. O Celta gañou 2-1 ao Barcelona cun dobrete de Gabri Veiga que salvou ao equipo galego.
O Celta golpeou primeiro grazas un roubo de balón no medio do campo. Isto permitiu aos galegos asentar despois dun susto pouco despois do inicio do encontro cando o Fútbol Club Barcelona marcou un gol tras un mal despexe da defensa olímpica pero que finalmente foi anulado por fóra de xogo.
O segundo gol chegou a unha segunda parte grazas a un centro do centrocampista galego que se envenenó até coar polo segundo pau. Os campións de Laliga reaccionaron na recta final cun gol de cabeza grazas a un gran centro desde a banda dereita, rematado de socato.
O Celta conserva a categoría por duodécimo ano consecutivo aínda que foi unha tempada moi sufrida con moitos altibaixos. O último posto de descenso ocúpao finalmente o Real Valladolid que non conseguiu gañar no seu estadio.
Escribe o teu comentario