Xira de Tanxugueiras: entradas á venda para Vigo este xoves e próximos concertos en Santiago, Cambados, Catoira, Bueu e Cedeira
Aida Tarrío, Olaia Maneiro e Sabela Maneiro están a piques de estrear novo disco, baixo o título de "Diluvio". Ademais da actuación de Vigo o 30 en Castrelos, teñen datas o 24 no Festigal de Santiago de Compostela, o 2 de agosto no Albariño de Cambados, o 5 de Agosto na Romaría Viquinga de Catoira, o 6 de Agosto no SonsRías de Bueu e o 17 na Xira de Cedeira.
As entradas do concerto de Tanxugueiras no auditorio de Castrelos de Vigo sairán á venda este xoves, día 21 de xullo, por 5 euros para acceder á platea, mentres que na bancada poderase acceder gratis.
Tal como anunciou o alcalde, Abel Caballero, volverá repetir o mesmo sistema utilizado nos últimos concertos organizados en Castrelos polo Concello. Así, sairán 4.000 entradas á venda a través de Internet, 2.000 unidades ás 10,00 horas e outras 2.000 ás 17,00 horas.
Pola súa banda, unhas mil entradas estarán dispoñibles de forma presencial no despacho de billetes da Praza do Rey; 500 delas ás 10,00 horas e outras 500 ás 17,00 horas. Caballero asegurou que en apenas minutos as entradas de Love of Lesbian, que saíron á venda este mércores, acabáronse.
Escribe o teu comentario