Malpica de Bergantiños, sen auga potable na traída municipal
O Ayutamiento de Malpica de Bergantiños atópase agora mesmo sen auga potable na rede municipal, aínda que os veciños poden usala para a hixiene persoal e outros usos que non impliquen inxerila
O Concello de Malpica de Bergantiños informou aos seus veciños de que a auga da rede municipal "non é apta para o consumo", xa que "incumpre os parámetros de trihalometanos", aunqeu si poden usala para a hixiene persoal ou outros usos que non impliquen inxerila.
Eduardo Parga, o alcade do municipio, asegurou que polo momento a localidade non ten problemas de falta de auga, pero "ao padecer unha seca tan grande, os ríos teñen pouco caudal e arrastran moita materia orgánica". Isto fai que estes restos queden no fondo e terminen chegando ata os fogares dos malpicáns.
A Consellería de Sanidade, segundo informou Parga, realizou unhas analíticas o venres e o sábado, nas que deron uns parámetros de trihalometanos (THM) que superaban os máximos establecidos. Ante esta situación, o Concello de Malpica de Bergantiños informou os veciños de que a auga da traída municipal non era apta para o consumo. Isto quere dicir que os veciños de Malpica tampouco poden cociñar con ela, aínda que, detalla o alcalde, "si se poden duchar ou lavar a roupa. Todo, menos bebela".
O Concello repartiu auga embotellada entre os locais de hostalería do municipio e o veciños que o necesiten. Sinalou Parga que todo aquel cidadán ao que lle faga falta pode achegarse ao concello para recoller auga embotellada
Sobre a situación nas parroquias, o rexedor indicou que tamén comezarán a levala, pero "a situación é menos preocupante" porque nas zonas rurais hai outras fontes e pozos particulares. Por tanto, moitos veciños xa non consumían auga da traída municipal.
En todo caso, o alcalde manifestou que, a pesar de que traballan "contrarreloxo", non pode concretar unha data na que a situación volva á normalidade. "O martes Sanidade volverá facer outra analítica para ver se mellorou cos traballos que se están levando a cabo. Despois estaremos nunha reunión con técnicos da Consellería para que nos dean asesoramento e podamos conseguir que a situación mellore", expresou o alcalde.
Escribe o teu comentario