Homenaxe en forma de libro aos 70 anos de fundación do Consello de Galiza en Montevideo

'Os exilios ibéricos: unha ollada comparada' realiza un percorrido polas "vivencias e reflexións" de emigrantes.


|

Bandeira do Consello de GalizaBandeira do Consello de Galiza. Foto: Nemigo


A nova obra de Ramón Villares e Xosé M. Núñez Seixas, 'Os exilios ibéricos: unha ollada comparada', realiza un percorrido polas "vivencias e reflexións" dalgúns emigrantes da Península "durante os 70 anos de fundación do Consello de Galiza en Montevideo", como aseguran os seus autores.


A publicación foi presentada este mércores no Consello da Cultura Galega en Santiago, onde Ramón Villares o definiu como un volume que "recolle as actas que se presentaron no simposio 'Os Exilios Ibéricos en clave comparada'", celebrado en Santiago o 14 e 15 de novembro de 2014, con motivo do 70 aniversario da fundación en Montevideo do Consello de Galicia, en 1944.


As páxinas do libro recollen "as experiencias, os estudos de casos e as reflexións conceptuais", concreta Villares, que especialistas europeos e latinoamericanos comentaron nas súas exposicións.


O obxectivo primordial é "cumprir aquel 'mandato' da Xeración Nós", centrado en "estudar Galicia, pero sempre desde unha perspectiva universal", como recoñeceu Núñez Seixas.


Villares explicou que a obra se centra nos "exilios ibéricos", os "clásicos", centrados en Galicia, Cataluña, o País Vasco e Portugal; pero tamén os "americanos", México e Arxentina, principalmente. No estudo de cada país, Núñez Seixas asegurou que "se plasma a contribución dos exiliados galegos á cultura que os acolleu".


O "MÁIS RECHAMANTE"


Así mesmo, Villares informou de que o "máis rechamante" da recompilación é o "estudo inédito" realizado por Alberto Pena. O autor comentou que "se trata dun conxunto de textos residuais" relacionados co salazarismo e o exilio portugués, galego e español. Os textos son "relevantes", afirmou, se se utilizan como "depósito documental".


A obra constitúe "un achegamento orixinal e cheo de suxestións teóricas e metodolóxicas", segundo se recolle na sinopse da obra, que se enmarcan dentro do debate internacional que pretende dar "novas perspectivas historiográficas aos exilios e as migracións". En palabras de Núñez Seixas: "non só se traballa de estudar casos, senón tamén de abordar debates contextuales".


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE