Wass ofrécese como lateral para cubrir a baixa de Roncaglia
O Celta ten un problema na banda dereita da defensa, pero Unzué manexa varia posibilidades.
O Celta ten un problema no lateral dereito, por mor das lesións de Hugo Mallo e de Roncaglia, que estará de baixa unhas catro semanas por unha rotura no bíceps femoral.
Con todo, Unzué manexa varias posibilidades. Á posibilidade de probar cun xogador do filial ou poñer a Sergi Gómez, únese o ofrecemento de Wass para o posto.
O futbolista contou que, aínda que se sente máis cómodo no centro do campo, "díxenlle ao míster que se quere eu xogo como lateral, eu xogo para o meu equipo, non para min, e se o meu equipo queire que xogue de lateral, fareino".
Iso si, non desvelou se o adestrador recolleu o guante nin se xa o probou en adestramentos nese posto.
Escribe o teu comentario