En Marea impulsa a reclamación para que se volva bonificar as altas a empregadas do fogar
Ata este mes de xuño beneficiábanse da redución dun 20% na cota da Seguridade Social.
En Marea reclamou que as altas de empregadas do fogar á Seguridade Social volvan beneficiarse da redución do 20% no abono da cota, como viña aplicándose ata os últimos Orzamentos Xerais do Estado.
Así, denuncian que nos últimos Orzamentos non se fixo mención expresa a esta redución, polo que o pasado 29 de xuño, día en que entrou en vigor as contas de 2017, decaeu a súa aplicación sen que o Goberno informase diso.
Ata entón, lembra a formación galega integrada no grupo confederal de Unidos Podemos, os empregadores que daban de alta por primeira vez a persoas traballadoras dentro do sistema especial para empregadas do fogar beneficiábanse dunha redución do 20% nas cotas mensuais.
ANULADAS NOS ORZAMENTOS
Por iso, a portavoz de En Marea, Yolanda Díaz, rexistrou no Congreso unha batería de preguntas nas que pregunta ao Executivo polos motivos polos que non se prorrogaron nos Orzamentos de 2017 estas reducións.
Así mesmo, pregunta se ten previsto aprobar unha medida alternativa para manter durante este ano a citada redución e se pretender recuperala nos Orzamentos Xerais do Estado para o próximo ano.
Escribe o teu comentario