Normalidade no arranque do curso, que a oposición prevé "furacanado"

Case 200.000 alumnos volveron ás aulas este luns, sen incidencias no cuestionado transporte escolar compartido.


|

EducacionaulaCase 200.000 alumnos volven á rutina.

O curso escolar arrincou este luns para os alumnos de infantil, primaria e educación especial baixo un clima de "total normalidade" coa principal novidade do plan de transporte escolar compartido, que se estreou "sen incidencias", segundo asegurou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez.


O titular do departamento de Educación da Xunta fixo estas declaracións este luns durante a súa visita ao CEIP López Ferreiro de Santiago, onde estivo acompañado polo alcalde santiagués, Martiño Noriega, e o director do centro, José Ramón Carril Vázquez.


Este luns foi a quenda de volver ás aulas para os 197.364 escolares dos ciclos de infantil, primaria e educación especial, un 0,7% menos de alumnos respecto ao ano anterior. Os estudantes de secundaria e bacharelato non comezan o curso ata o próximo 15 de setembro.


Rodríguez comentou que o recentemente iniciado curso está marcado "desde o punto de vista organizativo" pola "práctica implementación" da Lomce e polo "gran anhelo colectivo" de lograr un pacto educativo a nivel estatal, cuxa falta é "unha das debilidades que tivo España durante o seu período educativo".


TRANSPORTE COMPARTIDO


A principal novidade deste novo ano académico é o plan de transporte escolar compartido, que permitirá que viaxeiros regulares usen os autobuses destinados a levar os alumnos aos centros educativos.


Neste sentido, indicou que o arranque da nova medida está a ser supervisada polo departamento que dirixe en colaboración coa Consellería de Infraestruras. Así, Rodríguez asegurou que mantén contacto directo coa súa homóloga Ethel Vázquez para controlar os primeiros pasos do plan que, polo momento, se estreou "sen incidencias" e "con total normalidade".


LIBROS DE TEXTO E COMEDORES


En Marea e BNG volveron reclamar este luns, coincidindo co inicio do curso académico, a gratuidade dos libros de texto e dos comedores e os autobuses escolares. Como remarcaron ambos os grupos, as familias xa afrontan uns gastos moi elevados para a volta ás aulas, que poden alcanzar os 800 euros.


En primeiro termo, en rolda de prensa, a viceportavoz do BNG na Cámara, Olalla Rodil, cifrou a 'volta ao cole' entre 400 e 800 euros por familia, tendo en conta a adquisición de manuais, material escolar e deportivo, actividades extraescolares, comedor e transporte. En paralelo, nunha comparecencia posterior das deputadas da formación rupturista Ánxeles Cuña e Luca Chao, esta última elevou esa cifra ata os 850 euros de media por alumno.


Outra cuestión na que criticaron ambas as formacións é o recorte do galego no ensino, pois, por exemplo, os alumnos de Secundaria terán entre 10 e 13 horas lectivas menos neste idioma que en castelán.


CURSO "FURACANADO"


E, tras prever que o curso académico que comeza será "furacanado", Ánxeles Cuña denunciou que se inicia con obras sen terminar nun centenar de centros, con maior "precarización" dos docentes e cunha diminución da calidade educativa que relacionou con que un de cada catro impartirá materias nas que non é "especialista".


Fronte ao modelo do PP, Luca Chao insistiu na gratuidade de libros de texto, comedores e autobuses, así como nun aumento das bolsas e na necesidade de deseñar un programa educativo específico para o medio rural.


relacionada A 'volta ao cole', unha boa dentada ao gasto anual das familias galegas con nenos
relacionada As empresas de buses adaptan horarios e paradas en vésperas do inicio do curso
relacionada O servizo de comedores escolares de Santiago ten xa uns 900 nenos inscritos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE