Sinalan a dous sospeitosos como autores do gran incendio de Verín
Sen dúbidas de que o lume que ameazou vivendas e estradas foi intencionado, investígase para determinar a autoría.

Continúa aberta a investigación para esclarecer a autoría e a orixe do gran incendio que afecta os municipios ourensáns de Verín e Vilardevós e cuxa superficie arrasada se mantén nas 1.360 hectáreas.
Segundo apuntan varios medios, xa foron identificadas dúas persoas como posibles sospeitosos, e investígase se teñen relación co incendio máis grande deste ano en Galicia.
E é que poucas dúbidas hai de que o lume fose intencionado. En rolda de prensa en Santiago, a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, apuntou este venres que "todo indica" a iso, nunha zona na que "non era a primeira vez que había un foco".
Segundo os últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, nestes momentos segue desactivado o nivel dous de alerta na parroquia de Vilamaior de Verín xa que non hai perigo para os núcleos de poboación da zona afectada.
"Xa non hai chamas" no incendio que arrasou máis de 1.360 hectáreas en Verín
Escribe o teu comentario