Os 1.800 traballadores temporais de Igualdade e Benestar, apartados
Os Orzamentos estatais "impiden" a prometida integración dos empregados do Consorcio no persoal de Política Social.
Os traballadores do Consorcio conseguiron en 2016 o compromiso da Xunta.
O sindicato CSIF Galicia denunciou que os novos Orzamentos Xerais do Estado (PGE) "impiden" o proceso de integración dos 1.800 traballadores laborais temporais do Consorcio de Igualdade e Benestar no persoal da Consellería de Política Social da Xunta.
Así, sinala que a disposición adicional vixésimo sexta establece que as Administracións públicas "non poderán considerar" como empregados públicos nin "poderán incorporar na dita condición" o persoal laboral de distintos organismos, entre eles consorcios, que teñan previsto integrarse nas mesmas.
Así mesmo, segundo informa nun comunicado CSIF, esta disposición permite "como excepción" a integración do persoal laboral fixo, pero non así do temporal.
O sindicato afeou o "secretismo e falta de información" ao persoal do Consorcio de Igualdade e Benestar, á vez que carga contra a Xunta, quen "sacou peito" dun acordo de integración do persoal ao que, como lembran, se opuxo o CSIF.
Escribe o teu comentario