O ciclo 'Música nos palcos' empeza este mércores con Áureas en Voga en Moraña

A Deputación de Pontevedra pretende recuperar a importancia dos palcos nas festas da provincia.


|

MusicapalcosdepoCartel do ciclo musical.


O ciclo 'Música nos palcos' da Deputación de Pontevedra empeza este mércores coa actuación de Áureas en Voga, que ofrecerán un concerto ás 21,30 horas no palco da música de Santa Xusta, no municipio de Moraña.


A área de Cultura da Deputación de Pontevedra destacou que recupera así a "importancia" que os palcos da música "tiveron" nas localidades da provincia a través dun ciclo de tres concertos en Moraña, Pontevedra e Vigo.


"Neste primeiro caso apostamos por unha romaría dentro dunha festa parroquial, que era o sentido que tiña nas aldeas, e aproveitando unha contorna de gran valor paisaxístico", indicou o deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal.


Na provincia de Pontevedra, segundo datos da Deputación provincial, hai unhas 33 localidades con palco, e máis de 80 catalogados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE