Pedro Antonio Sánchez, ao banco por indicios de prevaricación e fraude

PSOE e Ciudadanos esixen que o expresidente de Murcia deixe a súa acta de deputado ou que o PP o obrigue a facelo.


|

Pedroantoniosanchez


O maxistrado instrutor do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia acordou continuar o proceso xudicial contra o expresidente murciano e actual deputado, Pedro Antonio Sánchez, ao apreciar indicios na presunta comisión de varios delitos de prevaricación e fraude.


O instrutor concreta en tres apartados, que logo desagrega nos fundamentos xurídicos, os feitos polos que debe continuar o procedemento: a contratación irregular do arquitecto, a obtención dunha subvención de maneira falsaria e sen cumprir a finalidade e os cambios do contrato orixinario acordados polo ex alcalde, o arquitecto e o construtor para salvar as súas responsabilidades.


PETICIÓNS DE DIMISIÓN


O secretario xeral do PSOE tachou de "insustentable" a súa continuidade como deputado. "Pedro Antonio Sánchez segue sendo deputado e conta co apoio de Rajoy e do PP. Situación insustentable", sinalou o líder socialista nunha mensaxe publicada no seu perfil de Twitter.


Tamén Ciudadanos volveu esixir este venres que "deixe a súa acta de deputado rexional". O portavoz rexional, Miguel Sánchez, sinalou que Púnica e Auditorio "empuxaron a situación do expresidente ata as últimas liñas vermellas que defendía o seu partido".


Podes coñecer máis detalles na noticia de Pressdigital.

relacionada Rivera presiona a Rajoy para eliminar os aforamentos, como pactaron en Murcia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE