Transforman en arte o lixo da noite de San Xoán en Riazor
Ron Barceló e Basurama crean 'Amar o mar', para concienciar e levar aos mozos a actitudes responsables co medio ambiente.
'Amar o mar' é a intervención artística creada por Ron Barceló e Basurama co lixo recollido tras a noite de San Xoán na praia de Riazor, na Coruña. A obra busca concienciar e levar os mozos a unha actitude responsable.
O colectivo Basurama traballou coa axuda dun grupo de voluntarios para crear a peza, que ten unhas proporcións de 15 metros de lonxitude por cinco metros de ancho, e ocupa unha superficie total de 850 metros cadrados.
Segundo un comunicado emitido por Ron Barceló, calcúlase que o volume de residuos utilizado nesta obra equivale a 100.000 botellas aproximadamente.
Escribe o teu comentario