Familiares do ex presidente de Pescanova declaran por presunto branqueo en Andorra

Manuel Fernández de Sousa, a súa muller e os seus dous fillos chegaron a ter preto de 3 millóns de euros en varias contas abertas no principado. 


|

Manuelfernandezdesousa


A muller e dous dos fillos de Manuel Fernández de Sousa, ex presidente de Pescanova, acudirán a declarar á primeira hora da mañá deste luns á Audiencia Nacional por un presunto delito de branqueo ou alzamento de bens en Andorra.


En concreto, o Ministerio Fiscal identificou eventuais activos que puidesen estar situados en Andorra polos imputados Manuel Fernández de Sousa-Faro, a súa muller e os seus dous fillos, que están a ser investigados naquela xurisdición por un presunto delito de branqueo de capitais, xa que chegaron a ter preto de 3 millóns de euros en varias contas abertas en Andorra.


No auto, o xuíz sinala que as tres contas abríronse na mesma oficina ao mesmo tempo e alimentáronse prosteriormente mediante elevados ingresos en efectivo ou transferencias que se realizaron nas mesmas datas, entre os anos 2010 e 2012, por importes idénticos ou similares, o que evidencia "unha xestión unificada das mesmas aparentemente dirixida a nivelar os seus saldos de forma igualitaria".


Ademais, remitiuse unha nova comisión rogatoria a Andorra para coñecer que relación directa e indirecta existe entre a sociedade panameña Reflex Portfolio e as contas bancarias dos imputados.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE