Crece o número de compañías de teatro e danza, e abren salas de concertos

As cifras sobre artes escénicas e musicais revelan que en 2016 só os festivais de teatro minguaron en Galicia.


|

Teatrogestual


Galicia incrementou durante o ano 2016 as súas compañías de teatro e danza e aumentou lixeiramente a súa cifra de espazos escénicos estables e salas de concertos.


Así o evidenciou a estatística sobre artes escénicas e musicais feita pública este mércores pola Secretaría de Estado de Cultura do Ministerio de Educación.


Segundo este documento, Galicia albergou durante o pasado ano 91 espazos escénicos estables destinados ao teatro, oito máis que os rexistrados o ano anterior. A cifra é, así mesmo, a máis elevada da comparativa, que se inicia en 2012 con 90 espazos escénicos na Comunidade.


Isto implica, ademais, que a Comunidade pasou de tres salgas por cada 100.000 habitantes en 2015 a 3,3 salas por cada 100.000 habitantes o ano pasado.


Destes espazos escénicos, a maior parte --76-- son de titularidade pública, mentres que 15 son privadas. Ademais, 45 teñen capacidade para entre 201 e 500 persoas; 17 para entre 101 e 200 persoas e 16 para entre 501 e 1.000 persoas. Hai unha única sala teatral con capacidade para máis de 1.000 persoas.


SALAS DE CONCERTOS


Pola súa banda, Galicia rexistrou o pasado ano unha sala de concertos máis que o anterior, ata as 31, o que supón 1,1 salas deste tipo por cada 100.000 habitantes. A cifra é tamén a máis alta desde 2012.


Segundo titularidade, o 80% (25 salas) son públicas, mentres que tres son privadas, unha é mixta e de dúas non consta titularidade.


En relación ás compañías de teatro, Galicia albergou en 2016 un total de 229, unha máis que o ano anterior, aínda que por baixo da cifra de 2014 --cando foron 231--. Así mesmo, as compañías galegas de danza creceron ata as 88, dúas máis que o ano pasado.


Pola contra, os festivais teatrais experimentaron un descenso durante 2016, cando se celebraron 53, sete menos que os 60 de 2015. Os festivais de danza, pola súa banda, permaneceron estables, con 19.


Do mesmo xeito, houbo 10 concursos musicais, 33 festivais, sete actividades relacionadas co jazz, sete cursos de música e unha entidade convocante de bolsas e axudas.


No campo da música, Galicia contou en 2016 con 271 coros, 99 bandas, 20 agrupacións de cámara, nove orquestras sinfónicas, catro orquestras de cámara e unha agrupación lírica.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE