A Audiencia condena a 19 anos de prisión ao asasino do farmacéutico de Maceda

A Fiscalía e a acusación solicitaban 26 anos e medio | A sentenza destaca a "especial brutalidade e violencia empregadas na comisión do delito". 


|

Farmaciacruz


A Audiencia Provincial de Ourense condenou a 19 anos de prisión a Alexandru M.L. de 22 anos, procesado por acabar coa vida do farmacéutico xubilado Tomás Milia, de 72 anos, en outubro de 2013. O tribunal considérao autor dos delitos de homicidio, furto, atentado contra a autoridade e danos, ademais de culpable dunha falta de lesións.


A Sala considera probado que o procesado se desprazou á casa da vítima tras acordar ambos un servizo sexual a cambio de diñeiro. "Por motivos que se descoñecen", segundo recolle a sentenza, tras a relación iniciouse entre eles unha discusión no transcurso da cal o acusado cravou dúas veces unha arma branca no pescozo da vítima, o que lle produciu a morte.


O fallo xudicial, recollido por Europa Press, argumenta que "antes de abandonar a vivenda, o acusado, movido por ánimo de ilícito enriquecemento, apoderouse de unha caixa que contiña seis reloxos de peto valorados en 12.400 euros", obxectos que posteriormente foron achados pola policía no seu coche.


Segundo se recolle na sentenza, o acusado regresou ao domicilio onde cometera o crime para trasladar o cadáver ata a bañeira e prender lume na habitación coa intención de destruír probas. O mozo é condenado tamén por atropelar a un axente cando trataba de detelo.


REXEITO ÁS ATENUANTES SOLICITADAS POLA DEFENSA


A sentenza rexeita a atenuante de confesión solicitada pola defensa debido a que o acusado sinala a "inveracidad do declarado" ao sinalar ao final do xuízo que a confesión se realizou despois de ser agredido e por considerar que a declaración "non contribuíu de ningún xeito á investigación, que xa se iniciou".


A Sala tamén rexeita unha atenuante por dilacións indebidas, ao considerar que "a maior parte das dilacións" foron motivadas por "a sucesiva interposición de recursos" por parte da defensa.


"ESPECIAL BRUTALIDADE"


Polo delito de homicidio a Audiencia condena a Alexandru M.L. a catorce anos de prisión e inhabilitación absoluta, "atendendo á especial brutalidade e violencia empregadas na comisión do delito". Non se impón a pena de afastamento solicitada polo Ministerio Público, por non entender xustificada a procedencia da mesma.


Polo delito de furto, condénaselle a doce meses de prisión; polo delito de atentado, a un ano e seis meses de cárcere; pola falta de lesións, multa dun mes, a razón de seis euros por día, con responsabilidade persoal subsidiaria para o caso de falta de pagamento; e polo delito de danos por incendio, a dous anos e seis meses de prisión.


A Fiscalía e a acusación exercida polo viúvo pediran para o acusado 26 anos e medio; 14 anos polo delito de homicidio; tres por atentado á autoridade; tres e medio por roubo con violencia e seis anos por danos durante o incendio da vivenda.


Pola súa banda a defensa solicitara a libre absolución por considerar que durante o xuízo non quedara demostrado que cometese homicidio ou asasinato e en base a que as periciais sinalaban que ningún dos coitelos que portaba o acusado no momento da súa detención causou a morte do farmacéutico.


A sentenza non é firme e contra ela cabe interpoñer un recurso de casación.

relacionada O acusado de matar a un farmacéutico de Ourense nega o crime e non declara

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE