O parque nacional das Illas Atlánticas recibe o selo 'Observer' de turismo científico

Este selo recoñece a calidade e capacidade da xestión do Parque para trasladar aos visitantes e a sociedade valores científicos


|

ParqueIllasatlanticasIII2150


O Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia recibiu este luns o selo 'Observer', co que se erixe como o primeiro parque nacional de España e o primeiro destino galego en recibir este certificado que o acredita como destino de turismo científico.


Nun acto celebrado este luns no Centro de visitantes do Parque Nacional das Illas Atlánticas, no Edificio Cambón de Vigo, o representante permanente do Ministerio de Medio Ambiente, Miguel Castro, fixo entrega do certificado á conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.


Miguel Castro destacou que este selo recoñece a calidade e capacidade da xestión do Parque para trasladar aos visitantes e a sociedade valores científicos. "Examina as estruturas do parque, as infraestruturas, os medios, as guías e se o que se traslada nesa mensaxe é adecuado; e garante a calidade e fidelidade da interpretación", resumiu.


A conselleira manifestou que é "un orgullo" recibir esta certificación, que recoñece tanto a regulación, oferta e xestión do turismo científico, como o impulso, divulgación e posta en valor da ciencia e a natureza cara á cidadanía.


"Este certificado constitúe un compromiso da Xunta polo establecemento do turismo regulado e o desenvolvemento de novos produtos turísticos vinculados á divulgación científica", remarcou, antes de avanzar que o obxectivo da Administración autonómica é traballar para que tamén os seis parques naturais de Galicia reciban este certificado.


Finalmente, Mato lembrou que este recoñecemento súmase aos certificados 'Starlight' e 'Quality Coast' e a adhesión á Carta Europea de Turismo Sustentable, ante o que trasladou a súa satisfacción porque o patrimonio natural galego avanza "nas acreditacións de carácter europeo, que veñen dicir que --se están-- facendo as cousas ben".

relacionada Nava Castro presenta a folla de ruta do turismo galego de cara ao Xacobeo 2021
relacionada 17 espazos do patrimonio natural de Galicia para un "turismo sustentable"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE