En Marea prepara unha lei para frear o empobrecemento das pensións

Yolanda Díaz encomendou a unha ducia de catedráticos e expertos económicos o estudo dun marco lexislativo alternativo ao vixente.


|

Mayorespensiones


En Marea está a preparar unha proposición de lei coa que quere reverter os aspectos "máis regresivos" das reformas de pensións de 2013, e para iso encomendou a unha ducia de catedráticos e expertos económicos o estudo dun marco lexislativo alternativo ao vixente.


Este traballo estará coordinado por Yolanda Díaz, deputada da coalición galega integrada en Unidos Podemos, que sinala que o sistema de pensións é "o que queda por destituír do Estado de Benestar configurado desde 1978".


A principal preocupación desta formación parlamentaria é o sistema de revalorización das pensións, pois advirten que coas condicións actuais as pensións públicas irán perdendo valor ata sufrir unha depreciación real de ata o 35%.


Díaz sinala que a pesar de que se está debatendo a reforma do sistema no marco do Pacto de Toledo, a súa intención é que a Cámara tramite canto antes unha reforma que consideran imprescindible para garantir o poder adquisitivo dos pensionistas.


Para esta deputada, os problemas que adoece o sistema non son de gastos "como expoñen o PP ou o PSOE", denuncia, senón de ingresos, pois considera que se trata dun sistema "sustentable e con futuro". "É viable un futuro digno para todas e todos", defende.

relacionada As mulleres do agro, preocupadas polas súas pensións e a cobertura sanitaria
relacionada O gasto en pensións alcanza un novo máximo histórico

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE