Investigan un desguace do Salnés que vendía coches dados de baixa para rallys

O propietario do desguace está acusado dun presunto delito de falsidade documental


|

Cochederally


Axentes da Garda Civil de Pontevedra investigan como presunto autor dun delito de falsidade documental ao propietario dun desguace da comarca do Salnés, que supostamente vendía turismos dados de baixa a persoas que os transformaban e participaban en probas de rally.


Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 11 de marzo o destacamento de Tráfico de Pontevedra descubriu que no Rallymix Cuntis Vila Termal había inscritos tres vehículos que figuraban de baixa definitiva por desguace, polo que os tres coches foron intervidos.


Por mor destes feitos, iniciouse unha investigación pola que se comprobou que o dono dun desguace supostamente emitía falsos certificados de despezamento de vehículos, que logo volvía poñer en circulación ao venderllos a persoas que os transformaban para participar en probas deportivas.


Por estes feitos, o propietario do desguace foi acusado da comisión dun presunto delito de falsidade documental, e as dilixencias instruídas foron remitidas pola Garda Civil ao Xulgado de Instrución de Caldas de Reis, en funcións de garda.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE