Nace unha firma galega de 'slow fashion' para nenos

A firma de moda ecolóxica Mimico acaba de lanzar a súa primeira colección, feita con materiais biodegradables e tinguiduras ecolóxicas. 


|


Mimicoslowfashionmodagallega

Dúas emprendedoras galegas crearon unha firma de moda ecolóxica e sustentable co obxectivo de "vestir aos nenos de vida", cunha primeira colección inspirada na natureza galega.


Deste xeito crearon Mimico, unha firma de moda infantil feita en Galicia con materiais ecolóxicos e reciclados. Con algodón orgánico 100% con certificado GOTS, o PET (poliester procedente da reciclaxe de botellas de plástico), botóns de madeira de oliveira e coco..


"Todo, absolutamente todo o que se utiliza neste proceso son materiais biodegradables e naturais e todos os estampados e serigrafías están feitos con tinguiduras ecolóxicas", segundo explicaron.


Todas as pezas desta primeira colección primavera-verán 2017 foron fabricadas en talleres galegos porque Mimico aposta por unha produción sustentable.


A primeira colección desta firma xa se vende 'online' e en pequenas tendas "que apostan por deseños diferentes para nenos que se visten de vida", segundo destacan.


Mimico integrouse, ademais, dentro da plataforma de moda con impacto positivo impulsada desde Slow Fashion Next, firmas sustentables, impulsadas na súa maioría por mulleres, "que quere facer deste planeta un lugar mellor no que vivir", segundo resaltan.

relacionada Bimba y Lola eleva un 31,7% as súas vendas en 2016 e supera os seus obxectivos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE