O Museo do Pobo Galego acollerá unha exposición sobre os "artesáns do ferro"

O xoves inaugúrase 'A Idade de Ferro', do fotógrafo José M. Salgado, un 'fotoensaio' capturado entre Galicia e Asturias.


|

Ferreiro


O Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, acollerá o xoves, ás 19,30 horas, a inauguración da exposición fotográfica realizada por José M. Salgado 'A Idade de Ferro'.


IdadeferrofotogrSegundo explicou a entidade, trátase dun 'fotoensaio' realizado polo artista entre 2014 e 2017 sobre o traballo tradicional dos ferreiros. A exposición enmárcase no programa conmemorativo dos 40 anos da creación do Museo do Pobo Galego.


Dacabalo entre dúas provincias, Lugo e Oviedo, nas cuncas dos ríos Eo e Navia, "pervive unha comunidade humana, vinculada á labranza do ferro desde tempos remotos", apuntan desde o museo, que sitúan a estes "artesáns do ferro" nos concellos galegos de Riotorto, A Pontenova e A Fonsagrada, e nos asturianos de Los Oscos, Grandas de Salime e Taramundi.


Este fotoensaio trata de ser un retrato fiel no momento actual dunha comunidade homoxénea que permaneceu para moitos galegos e asturianos ignorada.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE