O Seprona intervén en Arteixo marfil de elefante que se ofertaba a través de Internet

Os colgantes tallados en marfil vendíanse por 1.300 euros e carecen de documentación para acreditar a súa procedencia lexítima, polo que foron postos a disposición de Aduanas. 


|

Marfildeelefanteseprona


Efectivos do Seprona da localidade coruñesa de Arteixo procederon á aprehensión de dous colgantes tallados en marfil de elefante que se ofertaban en Internet.


Segundo informou o Instituto Armado, a intervención do marfil fíxose o martes. Ao propietario dos colgantes impútaselle a comisión dunha infracción á Lei de Contrabando pola tenencia e comercio de especies recollidas no Convenio de Washington do 3 de Marzo de 1973.


A Patrulla de Protección da Natureza en datas pasadas solicitara información que apuntaba que, a través dunha páxina da internet, "estaban a ofertarse uns colgantes tallados en marfil por valor de 1.300 euros", segundo indican as mesmas fontes.


Os colgantes, ao estar fabricados en marfil da familia dos 'elphantidae' e carecer de documentación para acreditar a súa procedencia lexítima, foron postos a disposición da Administración de Aduanas da Coruña en base á Lei de Represión do Contrabando.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE