A xustiza dá a razón a BlaBlaCar: non fai competencia desleal

O auto considera que esta empresa non presta un servizo profesional, senón que constitúe unha "plataforma para compartir gastos".


|

Blablacar


O Xulgado do Mercantil número 2 de Madrid desestimou a demanda por competencia desleal que a patronal de empresas de transporte en autobús Confebús presentou en agosto de 2015 contra BlaBlaCar, a rede social que conecta persoas para compartir viaxes en coches particulares.


O auto considera que esta empresa non presta un servizo profesional, senón que constitúe unha "plataforma, non para organizar o transporte, senón para poñer en contacto a particulares que queren realizar unha viaxe xuntos e compartir gastos".


O xuíz sustenta esta consideración no feito de que BlaBlaCar non ten contratados condutores. "Son particulares que pola súa conta e risco ofrécense á plataforma buscando a persoas que teñan interese en realizar ese mesma viaxe e pagar, non no sentido de pagar un canon ou un servizo, senón de pagar o custo dunha viaxe", indica a sentenza.


A resolución, contra a que cabe recurso ante a Audiencia Provincial de Madrid, tampouco estima como expoñente dun negocio profesional o prezo que se paga por gastos da viaxe ou o importe que a plataforma suxire, ao estimar que "non perseguen ánimo de lucro".


A sentenza ten lugar ano e medio despois de que outro xulgado descartase o peche de Cabify, unha aplicación para móbiles que ofrece aluguer de vehículos con condutor, ante unha demanda da Federación Profesional do Taxi. Con todo, o xulgado que agora avala a BlaBlaCar foi o que en decembro de 2014 ditou o cesamento da actividade de Uber en España.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE