Os españois aínda conservan pesetas por valor de 1.642 millóns de euros

O Banco de España deixará de cambiar pesetas a euros de forma definitiva o día 31 de decembro de 2020. 


|

Pesetasmonedas


Os españois aínda conservan no seu poder 1.642 millóns de euros da antiga moeda nacional sen trocar, o que equivale a 273.205,8 millóns de pesetas, segundo datos do Banco de España.


Segundo as cifras da autoridade monetaria e a pesar de que pasaron 14 anos desde que empezou a circular a moeda común, os españois conservaban a peche de decembro 843 millóns de euros en billetes (140.263,3 millóns de pesetas) e 799 millóns de euros en moedas (132.942,4 millóns de pesetas). Trátase das mesmas cifras que se rexistraron un mes antes tanto para billetes como para moedas. Estas últimas permanecen estables desde agosto.


O Goberno español fixou en tres meses o período de convivencia para ambas as moedas, desde o 1 de xaneiro de 2002, cando comezou a circular o euro no peto dos españois, ata o 31 de marzo do mesmo ano, e, desde entón e ata o seguinte 30 de xuño, estableceu un período de troco das moedas e dos billetes en pesetas nas oficinas bancarias. A partir do 1 de xullo dese ano, os españois teñen que acudir ao Banco de España se aínda conservan a antiga divisa nacional.


DEIXARANSE DE CAMBIAR EN 2020


O banco emisor estimou que o 45% das moedas en pesetas que estaban en circulación antes da entrada do euro nunca serán estregadas ao Banco de España para o seu troco porque permanecerán en mans dos españois como peza de coleccionismo, ou ben por deterioración, perda ou saída do país nos petos dos turistas.


O Banco de España deixará de cambiar pesetas a euros de forma definitiva o día 31 de decembro de 2020, polo que os españois aínda teñen catro anos para retornar os 273.205 millóns da antiga moeda nacional e conseguir os 1.642 millóns de euros que valen hoxe en día.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE