Ses ofrecerá un concerto en Ourense tras esgotar entradas na Coruña e Narón

A cita en Ourense, o próximo día 28 de xaneiro, no Salón Principal, é parte da súa xira 'Opoñerse á extinción'


|

Sescantautoragalega


A cantante Ses continúa a súa xira 'Opoñerse á extinción' o vindeiro sábado 28 de xaneiro no Teatro Principal de Ourense, tras os dous concertos de presentación do seu novo traballo en A Coruña e Narón, nos que esgotou as entradas.


Os ourensáns poderán gozar así da presentación do cuarto disco de Ses, 'Opoñerse á extinción', á venda desde o pasado 2 de decembro e que continúa a liña ecléctica dos seus anteriores traballos, con pezas que van do rock ao blues, pasando pola canción de autor latinoamericana e por novos sons.


Tras o seu paso por Ourense, a artista galega estará no Auditorio Mar de Vigo o 4 de febreiro, no Pazo da Cultura de Pontevedra o 11 de febreiro e o 18 do mesmo mes no Auditorio Municipal de Burela, desde onde dará o salto a Madrid e Bilbao.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE