Os camioneiros votan non a volver ao paro na consulta da Plataforma Nacional de Defensa do Transporte

A Plataforma Nacional de Defensa do Sector do Transporte acaba de publicar o resultado das consultas deste domingo. O resultado é sorprendente, pois gañaron os que prefiren seguir negociando.

 


|

A Plataforma Nacional de Defensa do Sector do Transporte acaba de publicar o resultado das consultas deste domingo. 

 

O resultado a nivel estatal é sorprendente, pois gañaron os que prefiren seguir negociando.

 

Plataforma Nacional do Transporte
Un membro da Plataforma Nacional do Transporte

 

Non haberá, por tanto, un paro como o de primavera, polo menos por agora. Hai que lembrar que Plataforma liderou e iniciou aquelas mobilizacións, primeiro minoritarias, pero que acabaron sendo maioritarias e provocando desabastecementos e interrupcións da produción. Houbo que tirar leite en moitas granxas, por exemplo. 

 

Iso si, a situación,  podería variar a medio prazo, a teor do apertado do resultado. Votaron si  a reactivar o paro para partir do 30 de xuño o a 41%. O non sumou un  45%. As  abstencións, un 14%.

 

RESULTADOS EN GALICIA

Ademais, o resultado non foi o mesmo en todas as provincias. En Lugo e en Galica, por exemplo, gañou o si, segundo indica RNE. 

 

O resultado é sorprendente, porque a actitude da directiva de Plataforma daba a entender que apostaban pola folga, ademais do feito de convocar a consulta.

 

"Isto non debe entenderse baixo ningún concepto como un paso atrás, todo o contrario, demostra a relevancia que Plataforma se gañou nestes últimos meses, e por suposto o paro segue suspendido e coa posibilidade constante de ser reactivado en calquera momento se a negociación non é favorable ou a situación precísao", indican a directiva nun comunicado.

 

"O paro segue suspendido e coa posibilidade constante de ser reactivado en calquera momento"

 

A súa principal demanda segue sendo a mesma, unha Lei que prohiba pórtelos a perdas. Plataforma entende que debe estar lista antes do día 30, en función do prometido polo Ministerio cando tentaba desmontar a mobilización de primavera.

 

Con todo, parece que esta reforma legal non chegará a tempo. O Goberno prometeu un mecanismo segundo o cal os transportistas poderán repercutir aos seus clientes calquera eventual subida do combustible.

 

Plataforma sinala que "aproveitará está vía de negociación para esixir ao executivo a súa intervención directa en todas as circunstancias de abuso cos operadores de transporte e con todas as entidades que danen ou prexudiquen aos traballadores da estrada".  

 

DIVISIÓN NO SECTOR

A maioría das outras asociacións do sector en Galicia ven con bos ollos este mecanismo de compensación, que aínda están a se negociar, e están expectantes a ver como se concreta.  Con todo, o resultado da consulta en Plataforma era clave, comprobada a súa capacidade de mobilización e arrastre.

 

Unha das asociacións importantes en Galicia, Apetamcor, apoiou as mobilizacións de marzo, cando xa estaban iniciadas, pero agora pide máis tempo para negociar.

 

O presidente da Plataforma para a Defensa do Sector do Transporte de Mercadorías por Estrada, Manuel Hernández
O presidente da Plataforma para a Defensa do Sector do Transporte de Mercadorías por Estrada, Manuel Hernández

 

Pola súa banda a Federación Galega de Transporte de Mercadorías non está polo labor de ir á folga."Ou paro é como a guerram perxudica a todo ou mundo", declarou a RNE o seu portavoz  Ramón Alonso. 

 

A nivel estatal, o principal actor é o Comité Nacional de Transporte por Estrada, que é o interlocutor das administracións. O Comité chama  á unidade do sector e oponse a unha nova folga indefinida. Plataforma e Comité están enfrontados, Plataforma acusa o Comité de defender os intereses de intermediarios e grandes empresas; Comité acusa a Plataforma de ser moi minoritaria e de forzar a outros axentes para parar en marzo por medo a represalias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE