Forte baixada dos novos casos de covid na Coruña alimenta as esperanzas de que Galicia estea preto dun pico

Moi sorprendente que A Coruña sexa a área con menos diagnósticos hoxe, pois é a máis poboada e habitualmente é a primeira ou a segunda con máis novos casos comunicados.


|

Os casos abertos comunicados este martes seguen roldando o 1.000 pero son uns poucos menos que o pasado martes. Isto axuda a que por vez primeira en case un mes baixe o principal índice de transmisión, a incidencia semanal. 

 

Unha melloría da tendencia á alza que, loxicamente, aínda non se nota nos hospitais. Superamos outra vez os 500 ingresados en planta, cifra que non alcanzabamos desde finais de maio.

 

A curva de falecidos repunta hoxe un pouco debido aos catro falecidos comunicados hoxe, tras catro días sen ningún óbito por covid. Con todo, a tendencia xeral é á baixa, debido á decisión de deixar de contar todas os mortos con covid.

 

 

 

 

A incidencia acumulada semanal  baixa unhas décimas ata 253  positivos por 100.000 habitantes.  Este indicador non melloraba desde o 31 de maio. Con todo, aínda non se pode falar de cambio de tendencia, pois a melloría de hoxe é escasa e por agora é un dato puntual, aínda que esperanzador. A incidencia acumulada a 14 días aínda crece e leva facéndoo 15 días.

 

O dobre da incidencia a 7 días segue sendo perceptiblemente maior que a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é de 1,08 ; por tanto na última semana houbo un   8% de positivos máis que na penúltima.  É unha porcentaxe esperanzadora, pois hai uns días chegamos a unha velocidade de empeoramento do 10% semanal. Tocaría teito o ritmo de crecemento?

 

A taxa de positividade comunicada hoxe é de o  32%, a mellor da última semana . Aínda así, o que importa verdadeiramente, a media semanal aínda crece. De feito, o 42,2% de hoxe é o máximo histórico.
 

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

 

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe, aínda que case nada un -0,8 %. Aínda así, axuda a que a curva que máis importa, que é a semanal, caia por segundo día consecutivo.

 

 

 

O descenso da derivada semanal é un bo sinal, pois esta curva sempre foi o mellor índice para ver que rumbo está a tomar a pandemia. A caída dous días consecutivos é un bo sinal e fai nacer esperanzas de que esta onda non estea lonxe do seu pico.   

 

DATOS POR ÁREAS

 

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase o espectacular baixón hoxe na Coruña, que perde case 300 casos activos nun só día, debido aos pouquísimos casos comunicados hoxe. Isto axuda a que Vigo volva situar como a área con máis casos activos de Galicia. 

 

 
 

Vigo ( 192) é o distrito que máis positivos comunican hoxe, pero en proporción á súa poboación é pero o dato de Santiago (178). Moi sorprendente que A Coruña sexa a área con menos diagnósticos hoxe, pois é a máis poboada e habitualmente é a primeira ou a segunda con máis novos casos comunicados. O repunte deste inicio de xuño provocou nótase en que A Coruña, que chegou a ter menos de 100 hospitalizados, teña que xestionar agora 114, 4 críticos.

 

 

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia está  en niveis de transmisión moi altos tras a onda que soportamos desde finais de maio. 
  •  O empeoramento perdeu algo de fol nos últimos días. Hai que ser prudentes, porque o efecto de fin de semana provoca que luns e martes a imaxe da pandemia aparente ser máis leve. Con todo, hai varios datos -caída de incidencia semanal e dous días á baixa da derivada semanal de casos activos- que permiten que xermine a esperanza da proximidade dun pico.
Vb6TV porcentaxe de cambio diario de casos activos de covid en galicia  (6)
  • De producirse un pico pronto, sería sorprendente. A incidencia aínda non chegou ás cotas da onda anterior, de primavera, e agora hai máis mobilidade polo verán. Tamén hai que ter en conta que en anos anteriores os veráns foron unha época relativamente tranquila, ata finais de agosto e a onda primaveral, que foi masiva, fai que unha parte importante da poboación teña moitos anticorpos.
  • Que podemos esperar dos próximos días? Non está claro. O esperable era que a onda actual seguise crecendo, pero  nos últimos días isto, afortunadamente, non está a pasar. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE