A conselleira di que non houbo malos tratos na residencia A miña Casa de Pazos de Borbén e a CIG pide a súa dimisión

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, recoñeceu que os servizos de inspección detectaron deficiencias "de organización" na residencia A miña Casa de Pazos de Borbén (Pontevedra), pero asegurou que "en ningún caso teñen que ver co trato que reciben os usuarios".


|

As duras imaxes que filtraron familiares e traballadoras da residencia A miña Casa de Pazos de Borbén non se corresponden con situacións de malos tratos, segundo dixo hoxe Fabiola García no Parlamento.

 

A CIG organizou unha protesta fronte a residencia a semana pasada na que pediu a dimisión da mandataria, como responsable da Inspección. Hai anos que familiares e traballadoras protesta porque dicenque os inspectores da Xunta avisan ás residencias antes de realizar as súas visitas.

 

 Protesta da CIG fronte á Residencia A miña Casa de Pazos de Borbén01
  Protesta na Residencia A miña Casa Pazos de Borbén

 

Foron os familiares de Vellez Digna e as traballadoras de TREGA as que primeiro alertaron á Xunta dos problemas no centro, que posteriormente Política Social confirmou, aínda que quitándolles ferro. A estratexia da conselleira no Parlamento hoxe foi a mesma, acusando aos que cuestionan o labor da Inspección de alarmistas.

 

Dous das imaxes sobre a presunta desatención médica aos anciáns na miña Casa incluídas nun informe remitido por Vellez Digna o 5 de maio á Xunta e reenviado onte aos medios
Dous das imaxes sobre a presunta desatención médica aos anciáns na miña Casa incluídas nun informe remitido por Vellez Digna o 5 de maio á Xunta e reenviado onte aos medios


 

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, recoñeceu que os servizos de inspección detectaron deficiencias "de organización" na residencia A miña Casa de Pazos de Borbén (Pontevedra), pero asegurou que "en ningún caso teñen que ver co trato que reciben os usuarios".

 

García compareceu obrigada por unha pregunta do Bloque. A polémica xurdiu cando Vellez Digna, colectivo de familiares, e TREGA, colectivo de traballadoras, fixeron pública unha denuncia que días antes remitira á Consellería. 

 

Nela alertaban das supostas graves carencias no coidado dos maiores, incluída a falta de suficiente persoal sanitario e asitencia, e nas condicións materiais e a alimentación do centro. A Xunta non atendeu á súa petición de intervención da residencia, aínda que si abriu expediente a Rapesua, a empresa xestora.

 

Estes son algúns dos documentos que formaban parte da denuncia inicial:

 

 

 

 

 

 

 

Pola súa banda, Rapesua, tras uns días de silencio, reaccionou negando carencias máis aló de problemas puntuais, desmentindo a veracidade das imaxes e ameazando aos medios que se fixeron eco das denuncias dos citados colectivos:

 

 

 

A dirixente respondeu este mércores no Parlamento galego a unha pregunta formulada pola viceportavoz do BNG, Olalla Rodil, quen levou ao pleno as denuncias do colectivo Traballadoras de Residencias de Galicia (Trega) sobre a "deficiente alimentación" dos maiores e a "falta de persoal" no centro, entre outras cuestións.

Neste contexto, a titular de Política Social lembrou que ao longo do mes de maio, despois de que a denuncia inicial entrase por rexistro, houbo "varias inspeccións" conxuntas do seu departamento e de Sanidade, a partir das cales se detectaron "varias carencias", que non concretou, e a Administración abriu un expediente por cuestións "de organización" e non "de trato" aos maiores.
 

CRÍTICAS A CRITÍCANOS
Así, García reivindicou "a independencia e profesionalidade" do servizo de Inspección, á vez que acusou á viceportavoz nacionalista de "atacar aos profesionais" das residencias e de crear "alarmismo".

Non en balde, prometeu que a Consellería analiza "todas as denuncias e queixas" que lle chegan en relación cos xeriátricos e lembrou que o plan de inspección para este 2022 contempla un aumento dun 10 por cento das visitas a residencias, "ata superar as 1.500, para que todos, absolutamente todos os centros, sexan da titularidade que sexan, ofrezan unha atención de máxima calidade".

 

RELACIÓNS DE RESIDENCIA CO PPDEG

O apoderado do grupo da residencia acusada de "malos tratos", A miña Casa (Pazos de Borbén), é irmán dun cargo da Consellería de Política Social e ex-alcalde do PP. O perfil de Twitter da responsable da residencia A miña Casa foi borrado despois de que se publicase unha foto del, na que Lucíad Pedroso retratábase co presidente da Xunta.

 

 

Ancián con chagas nunha imaxe remitida por Vellez Digna como parte da súa denuncia contra a residencia A miña Casa
Ancián con chagas nunha imaxe remitida por Vellez Digna como parte da súa denuncia contra a residencia A miña Casa

 



 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE