O incendio en Finsa afectou a unha cheminea, pero non houbo danos persoais nin materiais importantes
A cheminea da fábrica de Finsa en Santiago viuse afectada durante esta madrugada por un incendio que mobilizou aos bombeiros de Santiago durante tres horas.
O lume declarouse de madrugada e os bombeiros de Santiago tiveron que aplacar as chamas na planta da factoría durante tres horas.
Afortunadamente, só a cheminea na que se declarou o incendio viuse afectada polas chamas, sen ter que lamentar danos persoais ou sobre materiais de importancia.
A cheminea da fábrica de Finsa en Santiago viuse afectada durante esta madrugada por un incendio que mobilizou aos bombeiros de Santiago durante tres horas.
Así, segundo informaron fontes dos Bombeiros a Europa Press, o lume iniciouse ao redor das 4,00 horas e afectou á cheminea de limpeza de gases. Dado que o risco principal era que colapsase a estrutura e, "sabendo que xa cortaran a subministración de gases", os bombeiros decidiron esperar a que se consumise o combustible e que fose arrefriando en por si para reducir riscos.
Finalmente non foi necesario intervir directamente no foco das chamas, que quedaron limitadas ao interior da cheminea. Esta foi a única parte que se viu afectada polo incendio.
O equipo de bombeiros volveu á base ao redor das 7,00 horas, dado que os servizos da propia empresa xa se podían facer cargo da situación, "que xa estaba controlada".
Escribe o teu comentario