​Hugo Novoa culmina un ano de ilusión: primeiro título e primeira chamada á Sub-21

O futbolista galego, unha das perlas do Red Bull Leipzig, vén de asinar unha gran campaña en Alemaña, onde cada vez goza de máis minutos.


|

O futbolista galego, unha das perlas do Red Bull Leipzig, vén de asinar unha gran campaña en Alemaña, onde cada vez goza de máis minutos.


Primeiro gol como profesional, debut en Champions, campión da Copa de Alemaña e internacional sub-21.


Novoa espau00f1a

Hugo Novoa con España | Foto: hugonovoa_


Esta semana será moi difícil de esquecer para Hugo Novoa, que en cuestión de moi poucos días conquistou varios fitos na súa carreira meteórica. Con 19 anos, na última semana descubriu o que é gañar o seu primeiro título profesional -a Copa de Alemaña, conquistada xunto ao tamén galego Angeliño- e ser citado para vestirse coa elástica da Selección Española de fútbol, aínda que neste caso na división sub-21.



Este é o penúltimo banzo antes de chegar á absoluta, un soño que para o de Bertamiráns parece cada vez máis e máis preto. Leste foi o ano da súa irrupción na elite e o ano que vén debería ser o da súa consagración, gañando cada vez máis peso en un Red Bull Leipzig que consente, e moito, ao galego.


PASO A PASO

No club alemán non queren présas e forman ao dianteiro, que este ano xa queimou algunhas etapas, como debutar en Champions e Europa League, ou marcar o seu primeiro gol cos touros vermellos. Esta fin de semana non formou parte da partida na final contra o Friburgo, pero celebrou o título copeiro xunto ao resto dos seus compañeiros, xa que para el tamén hai medalla despois de xogar en dous partidos do torneo do K.O.


A chamada de De la Fuente a Novoa é o premio á constancia e o lanzo dun raparigo que, sendo un adolescente, fixo as maletas e deixou a canteira do Deportivo da Coruña en busca dun futuro na Bundesliga, onde xa coñecen o seu nome. Agora, tócalle rompela coa sub-21 despois de xogar noutras divisións inferiores de ‘A Vermella’. Outra muralla que derrubar para o cañonero de Bertamiráns. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE