Fredi Leis presenta o seu novo disco, Temas Privados, a próxima semana no Corte Inglés de Santiago

O próximo mércores 25 de maio, O Corte Inglés de Santiago de Compostela acollerá a Fredi Leis.


|

O próximo mércores 25 de maio, O Corte Inglés de Santiago de Compostela acollerá a Fredi Leis. O artista presentará o seu novo traballo “Temas Privados”.


O evento de presentación celebrarase ás 18.00 h, na planta baixa do centro. Ao finalizar a actuación, o cantante asinará o seu novo disco. 


Fredi Leis



Leis é un intérprete, músico e compositor galego que desde pequeno empeza a tocar o piano de maneira autodidacta. Dáse a coñecer na plataforma dixital Souncloud conseguindo centos de miles de escoitas. Percorre salas e teatros do circuíto nacional de cantautores, esgotando todas as localidades. Despois de ser teloneiro das xiras de Alejandro Sanz, Malú e Rozalén, en 2018, estrea o seu primeiro disco. 


O seu primeiro single ‘Bolboretas’ convértese nun dos seus temas máis recoñecidos. Logo veu ‘Sálvache’ ou ‘Apenas’ que acumulan millóns de reproducións en Spotify e Youtube. 


"Temas Privados" é o segundo álbum de estudo do cantante, un proxecto con 10 cancións inéditas compostas desde cero por e para este disco. En cada canción hai pinceladas e trazos de diferentes xéneros, coa súa propia historia, a súa propia paisaxe e contexto. Segundo palabras do propio artista este disco é "o resultado destes últimos 2 anos buscando dentro de min o que quería contar e como o quería contar. Foron moitos días e moitas noites escribindo diante dun piano, un micrófono, un caderno e un computador; explorando, coñecéndome e entendéndome ata atopar a melodía exacta e as letras máis fieis ao que estaba a sentir en cada momento".     

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE