​O caso Mbappé provoca un seismo mundial que se fai notar mesmo en Balaídos

As consecuencias da renovación do francés polo PSG non só repercuten no Real Madrid e na liga, se non que o Celta de Vigo tamén se xogaba algo na operación.


|

As consecuencias da renovación do francés polo PSG non só repercuten no Real Madrid e na liga, se non que o Celta de Vigo tamén se xogaba algo na operación.


Na Sede están moi atentos ao que ocorra agora no Parc deas Princes, onde os movementos poden sucederse nas próximas horas e condicionarán o futuro inmediato do Celta.


Mbappe

Mbappé | Foto: EP


Onte tivo lugar un terremoto en Paris, con epicentro no estadio do Paris Saint-Germain e que sacudiu o mundo do fútbol. A renovación de Mbappé polo PSG -máis ben, a súa non fichaxe polo Real Madrid- provocou decenas de réplicas sísmicas no balompé: isto condicionará o mercado de fichaxes por un Madrid necesitado dun golpe de efecto, mentres o PSG fai equilibrios coa economía -baixo sospeita- e trata de cumprir cos caprichos do futbolista galo, que sen sabelo puxo en xaque o futuro inmediato do Celta de Vigo.


A CABEZA DE LEONARDO

E é que se Mbappé segue en Paris pode haber un baile de cadeiras na cúpula do conxunto francés. Leonardo, moi cuestionado como director deportivo, pode ver como a súa maior vitoria, reter ao francés, pode ser tamén a súa propia tumba, xa que o propio Mbappé parece pedir a súa cabeza para continuar na capital francesa.


Isto pode facer que Luís Campos, que ía ser asesor do Celta de Vigo na súa estratexia no próximo mercado, suceda a Leonardo. A boa relación de Campos e o dianteiro despois de coincidir en Mónaco poden levalo á dirección deportiva do PSG, o que trastorna de forma directa a súa relación co cadro celtiña.


PRIMEIROS PRIMEIROS PASOS 

A relación de Campos e o Celta dábase por feita, a pesar de non ser oficial. Se os parisienses meten o fuciño, o Celta terá case imposible igualar calquera oferta e todo apunta a que será incompatible o traballo en ambos os clubs. Só a palabra de Campos podería axudar ao Celta nese suposto.


 De feito, parece ser que xa estaba a traballar no scouting, recomendando á entidade olívica a contratación de Denis Bouanga para reforzar o seu ataque. O gabonés ten a Lille ou Gladbach como pretendentes, o que fai máis difícil a pelexa dos galegos, que agora, ademais de fichaxes, buscan a alguén que os fiche. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE