As Tanxugueiras impulsan a tradición galega coa súa 'Xira Midas' por toda España

AXENDA DE VERÁN AO COMPLETOAs tres galegas comezaron a 'Xira Midas' no mes de marzo e xa teñen a súa axenda cuberta ata setembro.


|

O vindeiro sábado 14 de maio estarán no Festival Cocidos do Camiño de Lalín e dous días despois actuarán en Vimianzo.


Olaia Maneiro, Aida Tarrío e Sabela Maneiro seguen fieis á música popular, pero cun toque moderno e feminista.

Archivo - Tanxugueiras. Benidorm Fest

Arquivo- Tanxugueiras. Benidorm Fest


Os concertos xa están de xira por toda España. Nesta ocasión, as artistas apostaron pola fusión entre o son enérxico das pandeiretas co electrónico ou trap. 


'Xira Midas' estreouse este mes de marzo coas entradas esgotadas na Coruña. Tan só unha semana despois, as galegas actuaron no Auditorio Mar de Vigo, onde de novo os billetes quedaron vendidos dez horas despois da súa saída.


AXENDA DE VERÁN AO COMPLETO

As tres galegas comezaron a 'Xira Midas' no mes de marzo e xa teñen a súa axenda cuberta ata setembro. Este ano é o verán de festivais e Tanxugueiras. Así o demostraron coa posta en marcha da xira, onde confirmaron os seus primeiros 34 concertos na península e Baleares.


Tamén estarán en festivais como SanSan, Río Babel, Cruïlla, SonRías Baixas, Pirineos Sur, La Lluna en Vers, Essfera Rioja Alavesa ou eventos como Festes de Primavera. E é que a potencia das galegas conquistou toda España no Benidorm Fest. As cantantes apostaron polo folclore e conseguiron trasladar a historia de Galicia aos espectadores. 


DATAS

Durante o mes de maio visitarán Lalín, Vimianzo, Zamora e Ourense. Na primeira quincena de xuño asistirán ao Entroido de Verán de Cádiz, ao Auditorio de Cuenca e ao Arde Lucus de Lugo. Pola contra, na súa segunda quincena viaxarán a festas coñecidas como o Magnific Fest de Lleida ou o Sanjuanak Eibarren de Gipuzkoa.


En xullo estarán no famoso Río Babel de Madrid e no Festival Cruïlla de Barcelona, entre outros. A primeira quincena de agosto percorrerá Galicia en festas como o Albariño, o SonRías Baixas de Bueu ou a Romaría Vikinga.


Terán a súa última cita, polo momento, o 16 de setembro na Canteira de Paredes, Vilaboa




relacionada Cristina Barreiro presentará o seu novo libro “As fillas de Isabel II” no Corte Inglés

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE