Reparar a estrada que veu abaixo en Folgoso de Courel levará "un ano de traballo", di a alcaldesa
A vía veu abaixo a pasada fin de semana deixando incomunicada a conexión entre o municipio e Quiroga. Por sorte, non hai que lamentar danos persoais.
Lola Castro, alcaldesa da localidade lucense, anunciou que a reparación dese tramo levará un ano e que estudan diferentes alternativas, como un túnel.
A estrada de Folgoso esborrallouse o pasado domingo | Foto: EP
A alcaladesa de Folgoso do Courel (Lugo), Lola Castro, estima que a reparación do tramo da estrada LU-651, que une Folgoso con Quiroga, esborrallado o pasado domingo, durará un ano.
Este xoves, a rexedora sinalou que o mércores tivo lugar a primeira valoración dos técnicos da Xunta, que trasladaron ao consistorio da Montaña luguesa que se trata dunha actuación complicada que será solucionada de forma "inmediata".
Así, Castro calcula que esta focha podería estar reparado "a partir de doce meses, por dicir algo, se os estudos que están a facer os técnicos de infraestruturas e de minas non nos din outra cousa".
A alcaldesa de Folgoso do Courel concretou que "hai que estabilizar moito ese terreo" e, despois, "buscar diferentes alternativas", entre as que se inclúe a realización dun túnel.
O afundimento dese tramo da LU-651 obriga a rodear "ata sete quilómetros para chegar a Quiroga". "En Ou Courel estamos afeitos a este tipo de estradas. Hai que lembrar que esa vía ata 2010 non estaba nas condicións que está agora. Era unha estrada pouco máis da que temos que pasar agora", describiu.
Lola Castro confesou que é "incordioso pero son cousas impredicibles e hai que mirar para diante e asumilo". "Os visitantes ao Courel que non se desanimen a ir porque hai moitas entradas e cada unha delas ten algo máxico ou algo que ensinar", apuntou.
Escribe o teu comentario