Covid por concellos: todas as áreas sanitarias empeoran as súas cifras, e Lugo (+77) rexistra un estalido de casos

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a situación no conxunto das áreas galegas experimentan un retroceso considerable. Ademais de Lugo, Santiago de Compostela (+36), Pontevedra (+35) e Vigo (+25) lanzan hoxe importantes subidas nun a súa variación de casos.


|

O mapa da incidencia acumulada semanal de coronavirus por municipios mostra que a situación no conxunto das áreas galegas experimentan un retroceso considerable. Ademais de Lugo,  Santiago de Compostela (+36), Pontevedra (+35) e Vigo (+25) lanzan hoxe importantes subidas nun a súa variación de casos. 


Hai que lembrar que os niveis que usa o mapa de Galiciapress son os do anterior semáforo oficial, vixente ata finais de novembro. Máis dun mes despois, a Xunta segue sen aplicar os criterios do novo semáforo a as súas cifras municipais, impedindo á cidadanía acceder á información máis exacta. En termos xerais, o novo semáforo eleva ao dobre as pinzas respecto ao anterior. Por exemplo, a nova normalidade -transmisión controlada na nova nomenclatura- dura ata 20 e non ata 10. 


Nota metodolóxica.- Cando un municipio ten menos de 10 positivos á semana, a Xunta non concreta cantos diagnosticos houbo, só indica "entre 1 e 9". Isto impide calcular a razón de taxas e  canto cambia o cómputo semanal dun día a outro. Esta opacidade afecta sobre todo os municipios máis pequenos,  onde é máis difícil que haxa 10 ou máis positivos a a semana. Con todo, en épocas de moi pouca incidencia de covid, esta opacidade afecta tamén a concellos máis grandes, porque envillas e urbes tamén empezan a saltar menos de 10 á semana. En todo caso, a Xunta si detalla o nivel de incidencia acumulada en cada municipio todos os días, usando os niveis do anterior semáforo de alertas, non do vixente.


VARIACIÓN SEMANAL

A razón de taxas permítenos saber se un territorio está a gañar ou perdendo positivos desde unha perspectiva semanal. Por exemplo, a razón de taxas de Galicia é de 0,96; o que quere dicir que na última semana houbo un 4% menos de positivos que na penúltima. 


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están baixando desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é inferior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de verde no mapa da razón de taxas. Canto máis verde, máis pronunciado é a melloría semanal. Oia, con 0,49, é a localidade que máis baixa. 



Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos están a subir desde un punto de vista semanal, pois a razón de taxas é superior a 1, aparecen en diferentes tonalidades de vermello no mapa da razón de taxas. Canto máis vermello, máis pronunciado é o empeoramento semanal. Podemos comprobar por exemplo que Santiago de Compostela é a urbe que máis está a empeorar, cunha razón de taxas de 1,02.


Os municipios con máis de dez positivos á semana e onde os positivos nin soben nin baixan desde o punto de vista semanal, pois a razón de taxas é xusto 1, aparecen en branco no mapa da razón de taxas. Por exemplo, hoxe a Cuntis, Sobrado e Pol.


VARIACIÓN DIARIA

Comparando o cómputo semanal dun territorio hoxe co seu cómputo semanal onte, non podemos saber cantos novos positivos saltaron no último día, pero si cal é a tendencia máis recente da pandemia nesa localidade.


Relación de cidades e outros concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana sobe hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • Lugo +77
  • Santiago de Compostela +36
  • Ribeira +36
  • Pontevedra + 35
  • Vigo +25
  • Porto do Son +24
  • Ames +23
  • A Petroxa +22
  • A Estrada +20
  • Lalín +20
  • Oroso +19
  • Negreira +15
  • Chantada +15
  • Cangas +13




Relación de cidades e concellos cun cómputo semanal maior de 10 e cuxo total de positivos na última semana baixa hoxe dez casos ou máis respecto a ese total onte: 



  • A Coruña -89
  • Ourense -48
  • O Porriño -38
  • As Pontes de García Rodríguez -27
  • Culleredo -24
  • Arteixo -23
  • Monforte de Lemos -23
  • Vilamarín -22
  • Cambre -21
  • Barbadás -19
  • Gondomar -16
  • Sanxenxo -15
  • Cee -14
  • Caldas de Reis -13
  • Laracha -12
  • Vedra -12
  • Ponche-Caldelas -12
  • Camariñas -11
  • Carballo -11
  • Ribadeo -11
  • Tomiño -11
  • Valdoviño -10
  • Cerdedo-Cotobade -10




TODOS Os MUNICIPIOS

A evolución dos positivos en todos os concellos de Galicia pode consultarse no buscador desta táboa:



EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS POR ÁREA

Con respecto ao cómputo global de casos activos, hai en Galicia 61.716 persoas con Covid, o que supón 1.439 máis que hai un día, e as infeccións activas han crecido en todas as áreas sanitarias.

Así, a área de Vigo segue á cabeza con 16.051 infeccións (441 máis), seguida pola área da Coruña, con 13.424 casos (149 máis). Na área de Santiago hai 10.265 casos (444 máis), na de Pontevedra hai 6.576 infeccións activas (12 máis), na de Lugo hai 6.366 casos (218 máis), na de Ourense hai 6.103 infeccións (88 máis) e na de Ferrol hai 2.931 casos (87 máis).

 


POSITIVOS HOXE E PRESIÓN HOSPITALARIA POR ÁREA

Con respecto á ocupación dos hospitais, o Sergas notificaron o mesmo número de persoas con Covid hospitalizadas que hai 24 horas, é dicir, 681, aínda que aumentou a presión en UCI e diminuíu, na mesma proporción, nas unidades convencionais.

Así, hai 44 pacientes ingresados nas unidades de críticos dos hospitais galegos (4 máis), e 637 pacientes ingresados en planta (4 menos).

As áreas sanitarias da Coruña e Lugo concentran o maior número de enfermos en UCI, con 12 (sen cambios) e 8 (dous máis), respectivamente. Na área de Vigo hai 6 pacientes en UCI con Covid (un menos), os mesmos que na área de Santiago (un máis que hai un día); mentres, na área de Pontevedra mantéñense 5 enfermos en coidados críticos, na área de Ourense subiron de 3 a 4, e na área de Ferrol tamén subiron, de 2 a 3.

 


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE