Tres incendios afectan o Parque Natural do Xurés, pero o de Muíños está controlado
Con todo, permanecen activos outros dous lumes, orixinados en Portugal, e que tamén afectan o Parque
Con todo, permanecen activos outros dous lumes, orixinados en Portugal, e que tamén afectan o Parque.
As altas temperaturas para esta época do ano e a seca son dous factores que contribuíron á proliferación dos lumes.
Hidroavión | Foto: EP
O lume entrou en Galicia desde Portugal esta pasada madrugada e afecta a unha superficie de ao redor dunha hectárea dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.
Informan ademais de que dentro deste espazo natural permanece activo outro lume, no municipio de Entrimo, na parroquia de Venceáns. Este incendio tamén chegou desde Portugal e, segundo lasúltimas estimacións da Administración, afecta a unha superficie de ao redor de 50 hectáreas.
Para o control destes dous lumes mobilizáronse catro axentes, tres brigadas, unha motobomba e dous avións.
Nas últimas horas, tamén chegou desde Portugal outro incendio, no concello de Calvos de Randín (parroquia de Randín) que afecta, así mesmo, ao mencionado Parque do Xurés. Na súa extinción traballan dous axentes, unha brigada, unha motobomba e un helicóptero.
Escribe o teu comentario